O NOSO RECUNCHO
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
mércores, 21 de xuño de 2023
ACTO DE GRADUACIÓN 2023
martes, 20 de xuño de 2023
PARQUE DE MÁQUINAS
Rematamos o curso con esta exposición de aparellos clásicos nun parque de atraccións. Parabéns a todas e todos por este orixinal traballo.
venres, 16 de xuño de 2023
CAMPAMENTO 2023
Neste ano cheo de novas experiencias, non podía faltar a excursión de FIN DE CURSO.
O campamento estivo cheo de ilusión, risas, colaboración, compañerismo, emoción, aventuras...É unha experiencia que non esquecerán facilmente.
venres, 19 de maio de 2023
POESÍA NO VILAVERDE
Hoxe foi o día de lectura das nosas poesías, en homenaxe as LETRAS GALEGAS 2023. Todos os nenos e nenas estiveron moi emocionados ó recibir ós gañadores e gañadoras deste ano.
E, por suposto, dar as grazas ós nosos presentadores e presentadoras. Estivo xenial !!!!!
Moitas grazas a todos e todas.
luns, 15 de maio de 2023
TERESA PORTELA E NOEL DOMINGUEZ
xoves, 11 de maio de 2023
VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA
O xoves 11 de maio de 2023, os nenos e nenas de 6 de primaria foron de visita a MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA.
Un entorno natural na parroquía de Salcedo. Alí coñecimos as diferentes actividades que se están a desenvolver no CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS.
Descubrimos termos como banco de sementes, estreses biótico e abiótico, usos alternativos ... así como, diferentes tipos de millo. Tamén, tivemos tempo de facer dous experimentos; un de conservación de sementes e outro de viabilidade (esperemos que algunha das sementes que os nenos e nenas levan a casa, xerminen)
mércores, 26 de abril de 2023
PLANTACIÓN NO MONTE DA FRACHA
Se pinchades na imaxe podedes ver máis fotos