venres, 16 de novembro de 2018

PREPARAMOS O MAGOSTO

Cada grupo preparou o seu cartel para anunciar o magosto. Para facelos empregamos as cores cálidas.
Quedaron moi fermosos!






sábado, 20 de outubro de 2018

CO OUTONO CHEGOU ANTÍO

Antío está xa no cole.
É outono e el sabe que o Magosto vén de contado. É tan larpeiro! Gústanlle moito as castañas.
Escribiunos pedindo receitas de castañas, imos escribirllas para que durante o inverno poida gozar do seu ingrediente favorito.

Antío tamén quere que deseñemos carteis. Xa veredes que preciosidades elaboramos!

martes, 16 de outubro de 2018

SEGUIMOS CO PROXECTO: EXPERIMENTAMOS CON FUNGOS.

Dentro do noso proxecto "As setas e os cogomelos", fixemos unha experiencia científica observando como se comportan os fermentos e fomos ao laboratorio a indagar sobre as diferentes partes das setas e dos cogomelos.
Recoñecedes entre as fotos as hifas e as esporas?








luns, 1 de outubro de 2018

COMEZAMOS CO PRIMEIRO PROXECTO! AS SETAS E OS COGOMELOS.

Os nenos e as nenas de 2ºA e 2ºB comezaron a investigar sobre as setas e os cogomelos.
Xa temos un montón de información e toda ela moi interesante. Hoxe compartimos a información en grupos de expertos e expertas e amosaron os seus traballos de investigación.




domingo, 9 de setembro de 2018

XA ESTAMOS EN 2º!

IMOS COMEZAR AXIÑA.
TEMOS NOVAS AULAS.
ONDE ESTARÁN AS NOSAS MASCOTAS?
VIRÍAN XA DE MASCOTILANDIA? QUE FARÍAN NO VERÁN?


martes, 26 de xuño de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO: MERENDOLA

PARA REMATAR O CURSO FIXEMOS UNHA CONVIVENCIA CON MERENDA E XOGOS.

E DESPEDIMOS Á PROFE ELISA QUE ESTE CURSO DECICIU XUBILAR.

DEICA SETEMBRO!

mércores, 13 de xuño de 2018

VISÍTANOS INFANTIL

COMO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA, O ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS VISITA AS QUE SERÁN AS SÚAS CLASES.
NÓS AXUDÁMOSLLES A COÑECER O QUE SERÁ 1º.