luns, 21 de outubro de 2019

MAPAMUNDI: CONTINENTES E OCÉANOS

Traballamos co globo terráqueo e co planisferio ou mapamundi.  Aprendemos os nomes dos continentes e os oceános.
O rap dos continentes axudounos, de maneira divertida, a saber os nomes dos continentes.

luns, 14 de outubro de 2019

MEDIDA DO TEMPO - RELOXO


Video explicativo do reloxo analóxico e dixital. Horas e minutos.

Como medir o tempo?
Como ler o reloxo?
Que diferenza hai entre un reloxo analóxico e un reloxo dixital?
Recordamos o que sabemos.
Practicamos na clase a ler e marcar horas. Usamos diferentes cores para as agullas das horas e dos minutos.
Falamos do significado AM e PM.
Tamén practicamos cos xogos situados na marxe esquerda da pantalla.

xoves, 10 de outubro de 2019

REPRESENTACIÓN DA TERRA

Levamos xa días a voltas coas representacións ...

Falamos do globos terráqueos, planisferio, mapamundi, mapas, planos, Ecuador, polos, hemisferios, cartografía, relevo, escalas, lendas, símbolos, coordenadas, atlas...
Distinguimos e manexamos diferentes mapas físicos, mapas políticos e mapas temáticos (de comunicacións, metereolóxicos, demográficos...)

Os seguintes videos resumen algunhas das informacións traballadas en aula:



martes, 8 de outubro de 2019

CONCERTO DE SUSA HERRERA

O alumnado de primaria tivo a oportunidade de asistir ao concerto de SUSA HERRERA con cancións do último disco da triloxía de Cabárceno: "Rugidos y Canciones". Participamos con entusiasmo e pasámolo xenial como podemos ver, a continuación, nas fotos e o pequeno video de Camello Bactriano:
 
Máis videos no blog de 2º de EP

martes, 1 de outubro de 2019

PRIMEIRO PROXECTO DE CIENCIAS

Todos os informativos destes días comezan con algunha noticia relacionada co CAMBIO CLIMÁTICO.  
Ademais están de actualidade situacións metereolóxicas extraordinarias e de dramáticas consecuencias no noso país. 
Hai movilizacións "globais"demandando á atención das autoridades e dos gobernos para que tomen medidas e poder evitar perigos que nos afectaran nun futuro inmediato.
Comentamos os videos. Temos recortes con noticias e comezamos a recoller informacións. O proxecto do CAMBIO CLIMÁTICO xa esta en marcha e comeza a chuvia de ideas:
-Cambio, transformación
-Clima, tempo, furacáns, terremotos, tormentas, tsunamis
-Terra, capas, atmosfera, aire, ozono
-Polos, deserto, Antártida, mareas
-Seres vivos, extinción, adaptación 
-Contaminación
-Quentamento
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Todo esto sucede no noso planeta e precisamos, en primeiro lugar, coñecer os diferentes modos de representar a Terra para localizar os lugares nos que acotence o que imos lendo e investigando.

Eses fenómenos metereolóxicos dos que escoitamos falar ocorren na atmosfera, que tamén deberemos investigar.

Todos os seres vivos vense afectados por estes cambios. Animais? Plantas? Precisamos ampliar información...

luns, 2 de setembro de 2019

ESTAMOS EN 3º!

COMEZAMOS EN 3º.
AS NOSAS CLASES VAN ESTAR XA NO SEGUNDO ANDAR DO COLEXIO.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA TODAS AS NOVIDADES.