Observa atentamente as imaxes seguintes.
Serán mapas físicos? Serán mapas políticos?
De onde son estes mapas?
Para que servirán?
Que indican as lendas?
Ide pensando!
Mañán comentamos...
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
mércores, 6 de novembro de 2019
LOCALIZACIÓN E LÍMITES DE ESPAÑA
Traballamos cos mapas de España. Manexamos mapas físicos, políticos e temáticos.
Localizamos e describimos os límites de España no mapa. Este video axúdanos a recordar o traballado na clase:
GAIA
Hoxe tivemos a nosa primeira saída de terceiro para asistir á representación de GAIA na sede Afundación de Pontevedra. Tiñamos moita ilusión...
Gaia é un espectáculo con voz e danza sobre o medio ambiente. Emprega a danza, a pintura e a música con efectos audiovisuais para axudarnos a valorar a beleza do noso planeta, as súas riquezas naturais e a interacción das persoas e a natureza.
A obra parecía especialmente feita para nós porque nela apareceron informacións de plena actualidade nas nosas clases:
. Cambio climático
. Terra e representación
. Atmosfera, ozono, clima
. Contaminación
. Ciclo da auga
. Código RRR: reducir, reciclar, reutilizar
. Seres vivos e coidados. Animais e plantas. Cambio climático
. Terra e representación
. Atmosfera, ozono, clima
. Contaminación
. Ciclo da auga
. Código RRR: reducir, reciclar, reutilizar
Houbo música, acrobacias, baile...e reflexión sobre o coidado do medio ambiente e a nosa implicación coa clave RRR.
Resultou moi entretida. Valorámola e comentámola na clase con interese.
luns, 4 de novembro de 2019
PROXECTO AQUALOXÍA - CICLO DA AUGA
Hoxe recibimos unha visita moi especial, a Dra. "Solete" achegounos información sobre a auga. Repasamos O CICLO NATURAL DA AUGA para traballar despois sobre os usos que se fan con ela, como chega ás nosas casas, os
tratamentos que son necesarios para poder bebela ou para devolvela ao medio
natural e como aforrala.
Na pantalla seguimos a historia do ciclo urbano da auga cos
personaxes de Aqualoxía. Tamén fixemos uns pequenos experimentos. Agora
estamos "comprometidas" e "comprometidos" coa importancia da auga e o
medio ambiente e recibimos un DIPLOMA acreditativo.
![]() |
| Preme para ver máis imaxes |
Esta actividade foi posible coa colaboración de Viaqua e o concello de Pontevedra.
Na clase reflexionamos sobre o traballado neste obradoiro e afondamos na explicación do ciclo da auga. Aproveitamos para visionar uns curtos que compartimos coas familias.
A auga existe na Terra en tres estados: sólido (xeo, neve), líquido e gasoso (vapor de auga). Océanos, ríos, nubes e chuvia están en constante cambio: a auga na superficie evapórase, a agua nas nubes precipita, a chuvia fíltrase na terra, et. A circulación e conservación da auga na Terra chámase ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga. Cando se formou, hai aproximadamente catro mil quinientos millóns de anos, a Terra xa tiña no seu interior vapor de auga.
Suxerencias lectoras arredor do tema da auga, os estados da auga e o ciclo da auga:
A primeira historia foi lida e comentada na clase.
A segunda é unha proposta para ler na casa "clicando" sobre a imaxe.
martes, 29 de outubro de 2019
DÍA DA BIBLIOTECA
Que mellor maneira de celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA que gozando da lectura, compartindo lectura e con agasallos lectores...
A profe Susana e dúas axudantes, Noa e Sara, da Biblioteca de Lampi achegáronse ás nosas aulas cun carriño cheo de libros con "historias de medo e Samaín" e deixáronnos escoller un título para compartir.
Tamén apareceu unha carta convidándonos a participar no Club de Lectura co libro ANIMALIA. 1.Verde. Estamos moi interesadas e moi interesados por asistir á primeira xuntanza.
Rematamos mes "sorteando" lecturas e recibimos como agasallo unha morea de libros desde a nosa biblioteca de aula. Imos ler un montón nesta longa fin de semana...e farémolo porque LER INVITA A VOAR!!!
Rematamos mes "sorteando" lecturas e recibimos como agasallo unha morea de libros desde a nosa biblioteca de aula. Imos ler un montón nesta longa fin de semana...e farémolo porque LER INVITA A VOAR!!!
venres, 25 de outubro de 2019
DICIONARIOS E XOGOS ONLINE
Na columna esquerda do blog incorporamos actividades lúdicas online para repasar as táboas de multiplicar e o reloxo.
Tamén está colgado un enlace cos problemas que traballamos no caderno de clase.
Na columna dereita están os enlaces para a busca de palabras nos dicionarios da RAE e da RAG.
mércores, 23 de outubro de 2019
TIPOS DE SERES VIVOS
Limos que os seres vivos viven nun medioambiente onde poden desenrolar as etapas do ciclo da vida. Os seres vivos caracterízan porque nacen, crecen, reprodúcense e morren. Necesitan auga, alimento, aire e luz solar para sobrevivir.
Buscamos diferentes maneiras de clasificar os seres vivos.
Atopamos que podíamos facer a clasificación en función do número de células...SERES UNICELULARES E SERES PLURICELULARES.
Na maioría das informacións falaba de cinco reinos: ANIMAIS - VEXETAIS- FUNGOS- ALGAS/PROTOZOOS e BACTERIAS.
Montamos un resume de cada reino sobre un enorme cinco que pegamos na nosa libreta.
Atopamos que podíamos facer a clasificación en función do número de células...SERES UNICELULARES E SERES PLURICELULARES.
Na maioría das informacións falaba de cinco reinos: ANIMAIS - VEXETAIS- FUNGOS- ALGAS/PROTOZOOS e BACTERIAS.
Montamos un resume de cada reino sobre un enorme cinco que pegamos na nosa libreta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













