venres, 8 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Nestas datas traballamos arredor do SAMAÍN.
Fixemos buscas no dicionario.
Limos historias relacionadas con esta celebración.
Traballamos os medos e con historias de medo.
Organizamos a información sobre o Samaín en esquemas 5x5.
Na biblioteca de Lampi participamos en diferentes obradoiros de tarxetas do Samaín ou de apócemas máxicas.
Fixemos algunha actividade robótica...

Tamén  elaboramos amuletos para protexernos de moitos "males" ou darnos "sorte" de maneiras diferentes. Empregamos unha pasta moi parecida ao barro, modelamos e deseñamos diferentes talismáns ou amuletos que moi pronto estarán expostos nos corredores do centro.
Despois da exposición, poderemos levalos para casa...





mércores, 6 de novembro de 2019

QUE SERÁN?

Observa atentamente as imaxes seguintes.
Serán mapas físicos? Serán mapas políticos?
De onde son estes mapas?
Para que servirán?
Que indican as lendas?

Ide pensando!
Mañán comentamos...


LOCALIZACIÓN E LÍMITES DE ESPAÑA

Traballamos cos mapas de España. Manexamos mapas físicos, políticos e temáticos.
Localizamos e describimos os límites de España no mapa. Este video axúdanos a recordar o traballado na clase:

GAIA

Hoxe tivemos a nosa primeira saída de terceiro para asistir á representación de GAIA na sede Afundación de Pontevedra. Tiñamos moita ilusión...
Gaia é un espectáculo con voz e danza sobre o medio ambiente. Emprega a danza, a pintura e a música con efectos audiovisuais para axudarnos a valorar a beleza do noso planeta, as súas riquezas naturais e a interacción das persoas e a natureza.
A obra parecía especialmente feita para nós porque nela apareceron informacións de plena actualidade nas nosas clases:

. Cambio climático
. Terra e representación
. Atmosfera, ozono, clima
. Contaminación
. Ciclo da auga
. Código RRR: reducir, reciclar, reutilizar
. Seres vivos e coidados. Animais e plantas
Houbo música, acrobacias, baile...e reflexión sobre o coidado do medio ambiente e a nosa implicación coa clave RRR. 
Resultou moi entretida. Valorámola e comentámola na clase con interese.
https://photos.app.goo.gl/GHjKeXWV4Arwof6N8

luns, 4 de novembro de 2019

PROXECTO AQUALOXÍA - CICLO DA AUGA

Hoxe recibimos unha visita moi especial, a Dra. "Solete" achegounos información sobre a auga. Repasamos O CICLO NATURAL DA AUGA para traballar despois sobre os usos que se fan con ela,  como chega  ás nosas casas, os tratamentos que son necesarios para poder bebela ou para devolvela ao medio natural e como aforrala.
Na  pantalla seguimos a historia do ciclo urbano da auga cos personaxes de Aqualoxía. Tamén fixemos uns pequenos experimentos. Agora estamos "comprometidas" e "comprometidos" coa importancia da auga e o medio ambiente e recibimos un DIPLOMA acreditativo.
Preme para ver máis imaxes
Preme para ver máis imaxes
Esta actividade foi posible coa colaboración de Viaqua e o concello de Pontevedra.

Na clase reflexionamos sobre o traballado neste obradoiro e afondamos na explicación do ciclo da auga. Aproveitamos para visionar uns curtos que compartimos coas familias.

A auga existe na Terra en tres estados: sólido (xeo, neve), líquido e gasoso (vapor de auga). Océanos, ríos, nubes e chuvia están en constante cambio: a auga na superficie evapórase, a agua nas nubes precipita, a chuvia fíltrase na terra, et. A circulación e conservación da auga na Terra chámase ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga. Cando se formou, hai aproximadamente catro mil quinientos millóns de anos, a Terra xa tiña no seu interior vapor de auga.

Suxerencias lectoras arredor do tema da auga, os estados da auga e o ciclo da auga: 

https://weeblebooks.com/libros/Aventuras%20y%20desventuras%20de%20una%20gota%20viajerapdf.pdf  
A primeira historia  foi lida e comentada na clase.
A segunda é unha proposta para ler na casa "clicando" sobre a imaxe.

martes, 29 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA


Que mellor maneira de celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA que gozando da lectura, compartindo lectura e con agasallos lectores...

A profe Susana e dúas axudantes, Noa e Sara, da Biblioteca de Lampi achegáronse ás nosas aulas cun carriño cheo de libros con "historias de medo e Samaín" e deixáronnos escoller un título para compartir.

Tamén apareceu unha carta convidándonos a participar no Club de Lectura co libro ANIMALIA. 1.Verde. Estamos moi interesadas e moi interesados por asistir á primeira xuntanza. 

Rematamos mes "sorteando" lecturas e recibimos como agasallo unha morea de libros desde a nosa biblioteca de aula. Imos ler un montón nesta longa fin de semana...e farémolo porque LER INVITA A VOAR!!!

https://photos.app.goo.gl/ci3V7J7xhb6YkBGv7



venres, 25 de outubro de 2019

DICIONARIOS E XOGOS ONLINE

Na columna esquerda do blog incorporamos actividades lúdicas online para repasar as táboas de multiplicar e o reloxo.
Tamén está colgado un enlace cos problemas que traballamos no caderno de clase.

Na columna dereita están os enlaces para a busca de palabras nos dicionarios da RAE e da RAG.