xoves, 5 de decembro de 2019

A NOSA CONSTITUCIÓN

Seguimos con dereitos e deberes...e chegamos a unha NORMA para todas e todos como é a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA.  Mañá, 6 de decembro, será o seu 41 aniversario e nas nosas clases traballamos sobre ela.

Recordamos o que aprendimos sobre España e as súas Comunidades Autónomas. Falamas de símbolos, idiomas...e novamente de dereitos e deberes.





PRESENTACIÓN SOBRE OS SERES VIVOS

https://photos.app.goo.gl/pYgc4ujKej7kghMA9
Hoxe na clase de 3º B, unha vez clasificados os seres vivos en cinco tipos ou reinos, nos agardaba unha sorpresa organizada por dúas compañeiras...
Cristina e Inés prepararon unha presentación sobre os seres vivos e foron comentando variadas informacións que nos causaron moito interese. 
Estivemos atentas e atentos a todas as explicacións, ata vimos algún video e ao final fixemos preguntas. Houbo aplausos e felicitacións. Noraboa!!! 
Foi un traballo estupendo.
Estamos ilusionadas e ilusionados porque no próximo trimestre haberá un montón de presentacións...

luns, 2 de decembro de 2019

COMEZAMOS A DIVIDIR

Agora que temos ben repasadas as táboas de multiplicar comezamos a traballar unha nova operación: A DIVISIÓN.

Practicamos na clase, repartimos obxectos, inventamos problemas...

Falamos dos seus elementos:
Montamos pequenas divisións e comezamos a resolver...Nós practicando e practicando resolvemos a resta mentalmente antes de escribir o resto.

venres, 29 de novembro de 2019

COÑECENDO A MIRÓ



No mes de decembro abordamos un proxecto artístico que ten como protagonista a figura de JOAN MIRÓ.

Venres, 28 de novembro
Na clase limos con interese unha pequena historia sobre a vida deste artista.
Na última sesión do venres, na biblioteca celebramos un pequeno obradoiro artístico da man de Mónica Bayo,  nai de Antón e Vera de 5 anos. Aprendimos un pouquiño máis da súa vida, do seu arte, das súas afeccións, dos seus intereses, dos elementos que marcan a súa obra, das súas viaxes...
Para rematar a sesión realizamos entre todas e todos unha obra imitando a Miró. Empregamos recortes repartidos a todo o alumnado e fómolos "sementando" sobre un fondo o azul, despois "regamos" para que a obra "medrara". 
O resultado sorprendeunos e agora podemos "presumir" de obra no noso corredor de 3º.
https://photos.app.goo.gl/47UtFQBbrUgWeAMr7
Moitas grazas Mónica pola sesión. 

Xa estamos preparadas e preparados para facer as nosas obras seguindo o estilo de Joan Miró.

A partir do luns seguide atentas e atentos aos nosos progresos artísticos. Daremos noticias...






mércores, 27 de novembro de 2019

PALABRAS PERCUDITAS

Hoxe asistimos no Museo de Pontevedra a unha sesión de contacontos a ritmo de percusión.
"Palabras percuDitas" é un espectáculo que combina a música percutida a cargo de Javier Fernández coa narración de historias a cargo de Charo Pita. 
Asistimos con moito interese e curiosidade a este concerto didáctico onde apareceron diferentes instrumentos de percusión (djembé, bombo legüero, xilófano de barro, udu, tambores de garabato) que lle daban forza e ritmo ás historias de fábulas narradas de maneira maxistral pola contacontos Charo Pita. Houbo moitos aplausos...e xa lle pedimos a profe Lola tocar máis percusión 😉
https://photos.app.goo.gl/bj4dmCfwvdQDEx3Y7
Preme para ver máis imaxes

martes, 26 de novembro de 2019

FUNCIÓNS VITAIS

A quén afectan os cambios dos que estamos a falar desde que comezou o noso proxecto?
A resposta foi unánime:  OS SERES VIVOS
Iniciamos un novo percorrido:
SERES VIVOS. Recollemos ideas previas. Recabamos información. Visionamos o curto de Camaleón. Organizamos a información en esquemas, definimos, clasificamos, buscamos exemplos...


25 de NOVEMBRO - CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

 
EN  NEGRO  CONTRA  AS  VIOLENCIAS
Hoxe o cole está cheo de carteis que reivindican espazos sen violencia.
Na clase comentamos o significado desta campaña. Limos a carta que chegou do Galo Vilaverdiño para facer notar a loita contra o maltrato de xénero.
Queremos que esté presente todos os días, pero durante esta semana traballámolo de maneira especial.
Visualizamos a nosa repulsa levando unhas pegatinas reivindicativas.
Loitando na mesma dirección, no mesmo sentido, tamén podemos axudar.

No corredor das aulas de 1º e 2º admiramos o mural que fixo a titoría de 2ºB sobre a obra modernista de Gustav Klimt "O bico / El beso" e limos a cartelería que o acompaña. Aproveitamos para facer posados por equipos:
 APERTAS CONTRA A VIOLENCIA