luns, 9 de decembro de 2019

AS NOSAS FUNCIÓNS VITAIS

E de todos os seres vivos, os que nos causan máis interese somos precisamente nós. De ahí que comezamos relacionando as tres funcións vitais cos órganos que nos axudan a realizalas:

xoves, 5 de decembro de 2019

ANIMAMOS A LER

Esta historia cautivounos desde o principio. Fomos lendo cada capítulo durante dez xornadas como un "descanso" no traballo...
O libro trata das aventuras de dez calcetíns e calcetinas, catro dereitos e seis esquerdos que decidiron fugarse da lavadora e percorrer mundo.
Tamén aproveitamos as historias para traballar expresión oral, vocabulario e recollimos o resumo nunha táboa.








Co gallo do Samaín e das "historias de medo" gozamos das aventuras da "nena zombie" Mortiña que chegou as nosas aulas. Houbo comprensión lectora, descricións, debuxos...
E moitas e moitos de nós mercamos os libros para seguir as súas aventuras.









A historia de bruxa regañadentes, que recordamos doutros anos, tamén trouxo "medo" ao tempo de Samaín. seguimos a historia con interese e traballamos o resumo.

25 N - HISTORIAS QUE NOS FAN PENSAR...

Hoxe a profe Andrea contounos dúas historias fantásticas que nos fixeron reflexionar e relacionar contra o maltrato de xénero e o dereito a igualdade.
O conto de "OVIÑA EN OVILANDIA" -Ovilandia, país en igualdade, cambia cando é invadida por uns estraños seres de Patriarc...- e a divertida historia de "LAS PRINCESAS LLEVAN PANTALONES" -princesa do século XXI que, ademáis de coroas e vestidos rosas, tamén leva pantalóns...-
Gustáronnos moito as historias. Grazas profe 😉
https://photos.app.goo.gl/igfnLPdaJyBFFBcR9
Preme para ver máis imaxes

PREPARAMOS AS TARXETAS DE NADAL

Semana do 2 ao 5 de decembro:
Comezamos revisando o que aprendimos o venres sobre Miró e vimos en pantalla unhas animacións con elementos "mironianos":
Vimos tamén algunhas ilustracións en libros de arte e na rede. Empregamos diferentes técnicas: collage,  incorporar elementos típicos dos cadros de Miró referidos a corpo-cabeza-ollos-nariz-engadidos varios seguindo "a sorte" cun dado, fondos en acuarela, rotuladores, ceras...
https://photos.app.goo.gl/cnG8YcMz5BDuKHBk8
Os resultados sorprendentes e vistosos poderemos compartilos nuns días.
Traballamos moito coa nosa IMAXINACIÓN.

A NOSA CONSTITUCIÓN

Seguimos con dereitos e deberes...e chegamos a unha NORMA para todas e todos como é a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA.  Mañá, 6 de decembro, será o seu 41 aniversario e nas nosas clases traballamos sobre ela.

Recordamos o que aprendimos sobre España e as súas Comunidades Autónomas. Falamas de símbolos, idiomas...e novamente de dereitos e deberes.





PRESENTACIÓN SOBRE OS SERES VIVOS

https://photos.app.goo.gl/pYgc4ujKej7kghMA9
Hoxe na clase de 3º B, unha vez clasificados os seres vivos en cinco tipos ou reinos, nos agardaba unha sorpresa organizada por dúas compañeiras...
Cristina e Inés prepararon unha presentación sobre os seres vivos e foron comentando variadas informacións que nos causaron moito interese. 
Estivemos atentas e atentos a todas as explicacións, ata vimos algún video e ao final fixemos preguntas. Houbo aplausos e felicitacións. Noraboa!!! 
Foi un traballo estupendo.
Estamos ilusionadas e ilusionados porque no próximo trimestre haberá un montón de presentacións...

luns, 2 de decembro de 2019

COMEZAMOS A DIVIDIR

Agora que temos ben repasadas as táboas de multiplicar comezamos a traballar unha nova operación: A DIVISIÓN.

Practicamos na clase, repartimos obxectos, inventamos problemas...

Falamos dos seus elementos:
Montamos pequenas divisións e comezamos a resolver...Nós practicando e practicando resolvemos a resta mentalmente antes de escribir o resto.