luns, 9 de marzo de 2020

8M - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Coa celebración do día 8 de MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA, nas nosas aulas levamos días reflexionando sobre a igualdade ante o traballo.
Limos e comentamos diferentes textos e presentacións.
Falamos de corresponsabilidade ante as tarefas do fogar e a igualdade de oportunidades.

A profe Andrea, o pasado venres e hoxe, presentounos unha actividade que nos mantivo moi atentas e moi atentos.
Comezamos cuestionando:
QUE SABÍAMOS SOBRE ESA DATA?
QUE RECORDÁBAMOS DOUTROS ANOS?
QUE SE CELEBRA E POR QUE É IMPORTANTE?
QUE TEMAS TRABALLAMOS PARA PROMOVER A IGUALDADE?

Despois completamos unha táboa con TAREFAS DO FOGAR sobre as persoas que colaboran máis nelas, comentamos e comparamos. Falamos do significado da palabra FEMINISMO que persigue a IGUALDADE entre mulleres e homes.
https://photos.app.goo.gl/MkyeNwWwTcD816rCA
O video "Barbie Brecha de sueños" tamén deixou un pouso, falamos de perseguir e buscar os nosos soños...e facelos realidade.

Rematamos a sesión, CANTANDO POLA IGUALDADE. Traballamos a letra da canción "Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil. Falamos de corresponsabilidade e de estereotipos, salario,  teito de cristal...Disfrutamos moitísimo escoitando a canción e, sobre todo, interpretándoa.
https://photos.app.goo.gl/MkyeNwWwTcD816rCA
Queremos que este traballo implique un pasiño adiante na igualdade efectiva e corresponsable de todas e todos e non se quede unicamete nunha data no calendario.


Agora imos buscar modelos de mulleres preto de nós e faremos un libriño coas nosas investigacións. 

Un libriño sobre mulleres que son importantes nas nosas vidas e que temos moi presentes...

Dentro duns días teredes noticias.

xoves, 5 de marzo de 2020

NANA PARA UN SOLDADO


Hoxe asistimos á representación teatral NANA PARA UN SOLDADO na sede FUNDACIÓN ABANCA. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS  protagonizada por PePablo Patinho,  Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que esquecer as súas diferenzas para facerse cargo do nacemento dun neno. 
Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e a necesidade de escoitarse e respectarse.

Foi moi divertida e o final resultou un pouco triste...na clase retomamos a historia e comentámola con interese.

"A guerra non é un lugar, a guerra non chega ou se vai, pero está aí...habita nos corazóns atrincherados e nas mentes con metralla"
https://photos.app.goo.gl/zBYnJWnPaZzUVthNA

mércores, 4 de marzo de 2020

CHISTES E MÁIS CHISTES


A proposta das nosas mascotas,  preparamos un libro con chistes.
Nas clases traballamos o chiste como texto curto e humorístico.
Cadaquén presentou alomenos un chiste en lingua galega, curto e sen empregar termos malsoantes ou despectivos, cada equipo tivo que escoller o chiste finalista para ilustar e rotular.
Non foi doado escolmar os seis chistes de cada grupo. Ter pouco texto e ter que ilustralos foron as condicións que determinaron o resultado.
As dúas follas de 3º forman  parte do libro presentado polo noso colexio...que marchou cara ao XXI Salón do Libro e regresará ao noso centro ao rematar.
Velaquí imaxes do noso traballo:


COMPOSTAXE: QUEN VIVE AÍ?

Hoxe os grupos de 3º participamos  na actividade QUEN VIVE AÍ? do programa Plan Revitaliza que se desenvolveu no laboratorio. 
Investigamos que microfauna habita na compostaxe. Recibimos información e axuda da monitora María. Empregamos pinceis, "peneiras", recipentes de vidro e instrumental de aumento como lupas manuais e lupas binoculares.
Buscamos e diferenciamos os "bechos" que habitan na compostaxe (anélidos, colémbolos,  pseudoescorpións, coleópteros…) e que participan na descomposición dos restos orgánicos, sendo parte fundamental do proceso para obter un bo compost.
Coa lupa binocular os bechos diminutos chegaron a parecernos "aterradores"...cantos detalles observamos e comentamos!!!
A actividade resultounos moi amena e gustounos moito.  Canto podemos contar!!!

Velaquí algunhas imaxes dos obradoiros:
https://photos.app.goo.gl/rRGhuGuGhEcRfh1C9

https://photos.app.goo.gl/w9z1qqfoiAXTpFLo9

luns, 2 de marzo de 2020

DISFRACES SEXISTAS

O pasado venres, a profe Andrea presentounos unha actividade moi interesante como remate do ENTROIDO e para enlazar co 8 de marzo e reflexionar sobre a IGUALDADE e os ESTEREOTIPOS.

Estabamos todas e todos con moita curiosidade...


Que pensabamos nós que serían disfraces sexistas?
Hoxe, luns día 2 de marzo, realizamos a segunda parte da actividade:
A partir dos comentarios recollidos e da información presentada pola profe comparamos imaxes de catálogos con diferentes disfraces e aportamos datos das nosas propias experiencias neste Entroido (saias/pantalóns, superheroes, princesas, enfermeiras con roupa curta, bombeiras de saia, esqueletos completos ou con tutú...)

Observamos con moita atención imaxes de diferentes disfraces e completamos unha ficha que xa nos levou a destacar, entre outras,  as diferenzas entre disfraces chica/chico para as mesmas profesións.

Comparamos a roupa profesional real dunha enfermeira ou dun enfermeiro cos disfraces de enfermeira/doutora - enfermeiro/doutor.

Visionamos o seguinte curto que dou pe a moita polémica e reflexión:
Tiramos as nosas propias reflexións.
Inventamos por equipos uns lemas que decoramos e presentamos aos resto dos equipos.
Velaquí a reportaxe do traballo:
https://photos.app.goo.gl/TAn7HmcNk2dwdzRq9
https://photos.app.goo.gl/TAn7HmcNk2dwdzRq9
https://photos.app.goo.gl/7rnsnSxHACL3KE3J7


venres, 28 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos no cole o DÍA DE ROSALÍA porque o 24 de febreiro estabamos de vacacións. A semana pasada recibimos nas nosas clases uns sobres cunha mensaxe proposta por Lampi para compartir unha actividade de recitado coas compañeiras e os compañeiros de 1º de EP

Os grupos de 1ºA e 3ºA realizaron os seus recitados no corredor de 3º.
https://photos.app.goo.gl/YFa1GEgan7hdCAFr7


O grupo de 3ºB baixou á aula de 1ºB. Alí recitamos as poesías preparadas nas nosas clases. Estabamos un chisquiño nerviosas e nerviosos porque tiñamos un público moi especial e moi atento.
https://photos.app.goo.gl/PSREjbMDVyo7x2gp8
A actividade encantounos porque compartimos actividade con compañeiras e compañeiros doutro grupo, comprobamos que vale a pena esforzarse por facer un bo traballo e puxemos moito interese para facelo cada vez mellor.

Parabéns a todas e a todos!!!

mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA AO PARQUE DOS SENTIDOS

A continuación, achegámonos ao PARQUE DOS SENTIDOS situado na Granxa de Briz no concello de Marín.
Este parque, inagurado no ano 2011, conta con divertidos xogos, zonas de aventura, lagos, tobogáns, xogos na natureza, unha lagoa natural e  outra artificial.
Na animación PLANETA BRIZ do pontevedrés Jorge J. Costas temos unha divertida presentación do parque que nos encantou:


Aproveitamos para merendar e facer as nosas propias investigacións, curioseamos, localizamos  esculturas, xogamos, tirámonos por un enorme tobogán, trepamos, saltamos, tocamos diferentes instrumentos musicais, paseamos...
Foi moi divertido, pero soubo a pouco...voaron os minutos de "recreo".
Estamos desexando volver ou pedir as nosas familias  que nos leven.