venres, 16 de outubro de 2020

DIVIDIMOS CUNHA CIFRA NO DIVISOR


Repasamos os elementos da división e a división entre unha cifra no divisor.

Recordamos do curso pasado e practicamos na clase* con moitos exemplos...

A clave segue a ser saber moi ben as táboas de multiplicar.

E tamén podemos repasar, reforzar e practicar na casa. Temos actividades e xogos interactivos algúns con autocorrección.

FICHA INTERACTIVA 1

FICHA INTERACTIVA 2

FICHA INTERACTIVA 3 

FICHA INTERACTIVA 4

XOGO "lapandillarejilla" para coller velocidade coas táboas 😉

XOGO SMARTICK -divisións exactas-

XOGO SMARTICK -divisións inexactas-

As fichas interactivas, unha vez cubertas, tamén podedes mandalas ao noso correo-e pequesvila@gmail.com

Ánimo !!!

 

xoves, 15 de outubro de 2020


Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 con data 
Wednesday, 14 October 2020 con vocabulario de materias escolares e para practicar a hora - videos e tarefas online-.

martes, 13 de outubro de 2020

12 de OUTUBRO - FESTA NACIONAL DE ESPAÑA

Estes días comentamos tamén porque o luns, día 12 de outubro, non tiñamos cole. É un día festivo en toda España e conmemórase a efeméride histórica do DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA en 1492.

Con grande curiosidade sobre esta data aproveitamos para ler un pequeno cómic na pantalla  e comentar os seguintes videos:

EL DESCUBRIMIENTO DE AMÉRICA

OBJETIVO, CONOCER A CRISTÓBAL COLÓN  (Pequena aventura de Marco e Cleo)

xoves, 8 de outubro de 2020

MULTIPLICAMOS POR DOS CIFRAS

Estes días practicamos a multiplicación por dúas cifras. Recordamos na casa todo o proceso con este video:

A clave está en saber moi ben as táboas de multiplicar

*Fichas propostas a semana 5-9 de outubro na clase.

Practico:

FICHA INTERACTIVA 1

XOGO SMARTICK CON AUTOCORRECTOR

FICHA INTERACTIVA 2 

As fichas interactivas, unha vez cubertas, tamén podedes mandalas ao noso correo-e pequesvila@gmail.com

venres, 2 de outubro de 2020

CLOTHES

A TEACHER PILAR avisounos de que xa hai  entradas no blog ENGLISH 4 5 6 con data  Wednesday, 30 September 2020 e Thursday, 1 October 2020 con vocabulario de roupa para practicar, video e tarefas online.
O correo para contactar é:  mourenteenglish@gmail.com

xoves, 1 de outubro de 2020

UN PROXECTO NOVO

Despois do traballo con virus e bacterias, comezamos un proxecto novo: OS VOLCÁNS.

Todo comezou coas curiosidades provocadas pola carta das nosas mascotas e as erupcións do pasado verán. Ademais buscando información sobre a planta GOMERA da illa da GOMERA nas illas CANARIAS "tropezamos" coa información de que eran "illas volcánicas".

Escribimos en gran grupo e, por orde, que sabemos ou cremos saber sobre os volcáns.

Comentamos as nosas respostas e anotamos as preguntas ou curiosidades que pretendemos averiguar nos próximos días.

Xa temos algunha información atopada en libros do cole...tamén temos localizados varios videos que, de maneira entretida, explican algunhas das nosas curiosidades. Imos colgando algúns deles para compartir coas nosas familias e poder velos de novo en casa:

En Plástica:

martes, 29 de setembro de 2020

POESÍA ÁS SUPERHEROÍNAS E AOS SUPERHEROES

Estes días traballamos unha poesía moi especial de Carmen Gil adicada a todas as nenas e a todos os nenos que resistiron con paciencia, solidaridade e imaxinación o tempo de confinamento. Está colgada na web de Unicef. Preme sobre o título e atoparás o enlace.

¡SOY UN SUPERHÉROE! 

¡SOY UNA SUPERHEROÍNA! 


Practicamos a súa recitación.

Xogamos coas estrofas e cos pareados.

Intentamos memorizar algunhas estrofas...

Traballamos a rima consonante.

Buscamos e aprendimos vocabulario novo.

Ilustramos a poesía.