martes, 3 de novembro de 2020

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Tuesday, 3 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "practise how to tell the time".

venres, 30 de outubro de 2020

ESCAPE ROOM TERRORÍFICO

Presentamos unha proposta lúdica para resolver nestes días de Samaín...

Se vos animades a participar, tedes que ir resolvendo unha serie de probas.

Seguide, paso a paso, as indicacións.

Lembrade ir anotando acertixos e respostas nunha folla.

Cando cheguedes ao final e teñades todo anotado, mandade unha foto ao noso correo pequesvila@gmail.com.

O martes 3 de novembro comentaremos na clase.😉

Un pequeno agasallo: Visita virtual 360º

BRUXA DE ORIGAMI

Estes días fixemos unha bruxiña con papiroflexia ou origami.

Preme sobre a imaxe e podes lembrar o proceso.

Pronto veredes os resultados no blog.

Como adianto, velaquí algunha imaxe:

 

xoves, 29 de outubro de 2020

NUMERACIÓN ROMANA


Coñecemos a NUMERACIÓN ROMANA. Traballamos coa seguinte infografía e algúns curtos:



E comezamos a practicar como se fose un xogo. Encántanos a numeración romana...

Repaso as regras dos números romanos e practico con algúns exercicios.

XOGOS CON NUMERACIÓN ROMANA MUNDO PRIMARIA

Tamén podo practicar con actividades interactivas:

Actividade interactiva I

Actividade interactiva II

Actividade interactiva III

Actividade interactiva IV

Actividade interactiva V

Outras actividades propostas na clase con numeración romana:

Conversión de números (2) 

Actividade con descomposición 

Máis exercicios

martes, 27 de outubro de 2020

CHEGA O SAMAÍN

Estes días nas sesións de Sociais, Lingua Galega e Plástica traballamos arredor da festa do SAMAÍN.
 
Lemos o pequeno texto O  NOSO SAMAÍN para anotar o vocabulario novo e contestar as preguntas no cole: 

Preme na imaxe ou no título e le a pequena obra de teatro con dúas escenas CAMIÑO AO SAMAÍN que traballamos nas nosas clases:

Xa temos algunhas "cabazas horripilantes"...iremos subindo máis 😉
 
Vai outra pequena proposta lectora BOAS NOITES, VÍCTOR que completaremos no cole:
E como agasallo un conto, unha canción e un baile de "medos":

luns, 26 de outubro de 2020


Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 con data 
Sunday, 25 October 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre Halloween.

venres, 23 de outubro de 2020