venres, 11 de decembro de 2020

VISITA AO MUSEO VIRTUAL VILAVERDE

E para rematar a semana un agasallo moi especial...

Esta fin de semana xa podemos visitar as diferentes salas do noso MUSEO VIRTUAL. Hai nove salas adicadas a nove pintoras e pintores da nosa terra cargadas de preciosas obras que admiraremos con boa música.

Buscade con atención onde están colocadas as nosas obras e a quén está adicada a sala.
Parabéns a todas as familias do centro pola súa entusiasta participación!!!👏👏👏

Noraboa á profe Pi pola montaxe conxunta.😉

CIRCUITO EMOCIONAL

Preparamos con moita ilusión unha actividade de centro con todos os desexos das nenas e dos nenos para o ano 2021.

Escribimos e ilustramos un desexo por alumna ou alumno.




Este ano o tema estrela ten que ver coa saúde... 😷😷😷

Con todos os desexos do cole preparamos unha sorpresa 😊😉...pero temos que esperar uns días.


TARXETAS DE NADAL 2020


Un ano máis preparamos o noso traballo relacionado coas tarxetas de Nadal.

Visonamos unha presentación sobre TARXETAS e fomos comentando as diferentes diapositivas.

Este ano, a nosa inspiración "artística" recae na pintora galega TERESA IRISARRI. Investigamos sobre ela e sobre a súa obra...

Agora tratamos de facer as nosas composicións tan vistosas e coloristas como as da artista de referencia.

Usamos ceras, pinturas e rotuladores...





venres, 4 de decembro de 2020

SOBRE DEREITOS...E DEBERES

Nas clases traballamos arredor do seguinte video:

Tamén estamos lendo e ilustrando a historia O NENO DOS ÓSOS DE DÁTIL.

E preparamos o aniversario da nosa CONSTITUCIÓN:

xoves, 3 de decembro de 2020

VIVA A CONSTITUCIÓN!

Aprendemos os dereitos e deberes que temos como cidadáns e cidadás con esta canción adicada a nosa Constitución que, en pouquiños días, estará de aniversario. Parabéns Constitución!

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este xoves recibimos unha charla sobre alimentación saudable. O responsable de organizala foi a Sociedade Deportiva Teucro. A monitora da actividade incidiu na importancia de ter un equilibrio na nosa dieta, evitando tomar a diario os produtos que están na cume da pirámide alimenticia. Ao remate da charla agasalláronnos cunha bolsiña de tea que contiña produtos moi recomendables para unha vida saudable.


martes, 1 de decembro de 2020

PRÁCTICAS NA AULA VIRTUAL

Sobre o reloxo do blog temos o acceso a nosa AULA VIRTUAL de 4º.

Tamén podemos acceder desde o blog do cole e desde a páxina web do centro.

Entramos co noso NOME e co noso CONTRASINAL individual e confidencial.

Esta semana temos dúas pequenas propostas para comezar a manexar esta nova ferramenta.

Animádevos para que amodiño poidamos ir mellorando a nosa competencia dixital. 😉