ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º. NEL IRÉMOSVOS CONTANDO AS COUSAS QUE VAN PASANDO NAS AULAS E POÑEREMOS ALGUNHA FOTO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
luns, 1 de febreiro de 2021
CURTA EFECTO PO2
xoves, 21 de xaneiro de 2021
ORACIÓNS, SUXEITO E PREDICADO
Tarefas interactivas de repaso:
Partes da oración: suxeito e predicado. LC
Sinala suxeito e predicado. LC
Escribe e identifica suxeito e predicado. LC
Identificar suxeito nas oracións. LG
Signos que pechan oracións. LG
mércores, 20 de xaneiro de 2021
VISITA DA PINTORA TERESA IRISARRI VÁZQUEZ
Todo o colexio traballou buscando inspiración na súa obra, preparamos exposicións polos corredores coas tarxetas dos diferentes niveis. Tamén se decorou a entrada para recibir a súa visita.
![]() |
| Tarxetas de 4ºA |
![]() |
| Tarxetas de 4ºB |
E hoxe recibimos con moita ilusión a súa visita no centro. Teresa Irisarri visitou todas as aulas e as diferentes exposicións. Tamén contestou ás preguntas que tiñamos preparadas. Agradecemos a súa visita e o tempo que nos adicou.
O alumnado de Infantil preparou e ilustrou a súa biografía que compartiu con todas e todos nós. Noraboa polo magnífico traballo 😉👏👏👏

Preme na imaxe para ver o video
OBRADOIRO PREVENCIÓN DESVIACIÓNS DO RAQUE
Estivo impartido polo fisioterapeuta Manuel Fraiz da Unidade de Desviacións do Raque do Hospital de Montecelo.
martes, 19 de xaneiro de 2021
Hai nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 - data Tuesday, 19 January 2021 - con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "PLACES AROUND TOWN".
Na aula virtual tedes colgado un PDF co vocabulario que precisades aprender.
luns, 18 de xaneiro de 2021
DIVISIÓN CON DÚAS CIFRAS NO DIVISOR
Repasamos "tablas de multiplicar", as partes dunha división e a división cunha cifra no divisor.
E xa coas pilas cargadas, despois das vacacións de Nadal, comezamos a dividir con dúas cifras no divisor.
Seguimos, paso a paso, as indicacións do material explicado na clase. Na esquerda do blog, debaixo dos problemas, temos as explicacións e as páxinas de exercicios que estamos resolvendo nas nosas aulas.
O seguinte video tamén pode axudarnos:
martes, 12 de xaneiro de 2021
RECTAS E ÁNGULOS
Repasamos cos seguintes videos comentados na clase:
E tamén practicamos con algunha ficha interactiva:











