luns, 22 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES LINGUAS

Seguimos traballando clases de palabras, analizando oracións e redactando pequenos textos en LC e LG.

Na aula virtual temos propostas de expresión escrita en LC e LG. Lembrade que as actividades teñen prazo de entrega.

Repasamos definicións e presentamos algunhas actividades interactivas:

 

1º .- SUBSTANTIVO

Clasificación de substantivos LC 1

Clasificación de substantivos LC 2 

Xénero e número LG 1

Xénero e número LG 2

Xénero e número LG 3 

2º .- ADXECTIVO

Adxectivo LC 1

Substantivos e adxectivos LC 2

Adxectivo LG 1 


 

 

 

3º .- VERBO

Persoa e número do verbo LC 1 

Tempo do verbo LC 2 

Conxugacións dos verbos LC 3 

Os verbos LG 1 

O verbo: persoa e número LG 2 

 


venres, 12 de febreiro de 2021

CELEBRAMOS UN ENTROIDO DIFERENTE

 Este venres 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Non foi coma todas e todos quixeramos, mais fixémolo que puidemos para divertírmonos. Algunhas nenas e algúns nenos ata se animaron a vir disfrazados da casa, outros optaron por seguilo mandado de Vilaverdiño e vir coma o galo nos dixo ao longo de toda a semana. Para as merendas trouxemos sobremesas típicas destas datas, escoitamos música de Entroido. Asemade, vimos unha montaxe virtual na que se lle fixo o xuizo da mascota, léronse as súas últimas vontades e cantáronselle as ladaíñas. 

Ogallá que todo sexa diferente o vindeiro ano, e podamos volver a compartir esta festa, co desfile de antano e con toda a comunidade educativa!











ENTREVISTA A JORDI SERRALLONGA EN ONDA CERO

Informamos que o vindeiro luns 15 de febreiro ás 13:10 emitirase en ONDA CERO (no programa Más de uno) a entrevista feita polo alumnado de 3º e 4º. Neste espazo radiofónico o arqueólogo Jordi Serrallonga reflexiona, coas nenas e cos nenos do noso centro, arredor do cambio climático. Pódeno escoitar en directo na 103.6 da FM ou a través da web www.ondacero.es (seleccionando escoitar a radio en directo e logo elixindo Pontevedra como cidade no menú).

Preme na imaxe para escoitar a entrevista.