xoves, 12 de maio de 2022

VISITA DO PIRAGÜISTA NOEL DOMÍNGUEZ

Ao longo do mes de maio, estanse impartindo nas aulas de 5º uns obradoiros sobre intelixencia emocional. Por este motivo, o xoves 12 contamos coa presenza de Noel Domínguez, piragüista profesional. Explicounos que o máis importante na vida deportiva é saber manexar o éxito;  pero sobre todo o fracaso, do que sempre se saca unha aprendizaxe para a vida. Noel graciñas polo teu tempo!








martes, 10 de maio de 2022

"NAVEGA CON RUMBO"

Esta semana Federico Ramiro, enxeñeiro informático, veu ao colexio para impartir unha charla sobre a navegación segura e internet. Deunos dez consellos para manexarnos de xeito fiable pola rede. 









venres, 6 de maio de 2022

ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE

 O pasado venres, 6 de maio, tivemos unha actividade impartida por Priscila Retamozo,formadora en igualdade de xénero. A través deste obradoiro tentamos detectar estereotipos de xénero.   










xoves, 5 de maio de 2022

VISÍTANOS FINA CASALDERREY

 O mércores, 4 de maio, contamos coa presenza da escritora, Fina Casalderrey, nas aulas de 5º. Tivo ao noso alumnado engaiolado, compartindo as súas experiencias e vivencias como mestra e creadora de historias para nenas e nenos. Explicounos o motivo que a levou escribir; e falounos sobre o libro que limos no 2º trimestre: O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Foi un placer contar coa súa presenza. Grazas FINA!











sábado, 23 de abril de 2022

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

O xoves, 21 de abril, a psicóloga Alba Fernández Esperón, impartiu un obradoiro de "Educación para a saúde". O 28 de maio visitounos de novo, e continuou abordando a temática emocional na aula de 5°A. Hoxe, 28 de maio, iniciouse o taller de emocións na aula de 5° B, a cargo doutra especialista na materia. Nas dúas sesións que dura o taller, trátanse as habilidades sociais e ofrécense técnicas para a resolución de conflitos na vida diaria.













 



martes, 5 de abril de 2022

CHARLA DA POLICÍA LOCAL SOBRE EDUCACIÓN VIAL

 O pasado martes 5 de abril, o alumnado de 5º recibimos unha charla sobre Educación vial, a cargo da Policía Local de Pontevedra. Nela o axente explicounos as normas de circulación que rexen, no caso de cruzar a rúa, no caso de sermos peóns, ou se imos na bici. A exposición intentou  concienciarnos da importancia de cumplir as regras para evitar os accidentes de tráfico.