xoves, 19 de maio de 2022

LYDIA PÉREZ, CAMPIOA DE ESPAÑA DE LOITA LIBRE, VISITA 5º A

Dentro do obradoiro de Educación Emocional que se está a impartir en 5º, o xoves 19 de maio  contamos coa presenza de Lydia Pérez Touriño, deportista de alto nivel. Falounos da súa experiencia como loitadora na modalidade de loita olímpica. Animou ao alumnado a acudir ao Centro de Alto Rendemento, situado en Pontevedra, para familiarizarse con ese deporte. Na conversa que tivo connosco, insistiu no valor do traballo en equipo, e na importancia de esforzarse para conseguir pequenas metas a nivel profesional e persoal. Graciñas polo teu tempo Lydia!





 

xoves, 12 de maio de 2022

VISITA DO PIRAGÜISTA NOEL DOMÍNGUEZ

Ao longo do mes de maio, estanse impartindo nas aulas de 5º uns obradoiros sobre intelixencia emocional. Por este motivo, o xoves 12 contamos coa presenza de Noel Domínguez, piragüista profesional. Explicounos que o máis importante na vida deportiva é saber manexar o éxito;  pero sobre todo o fracaso, do que sempre se saca unha aprendizaxe para a vida. Noel graciñas polo teu tempo!








martes, 10 de maio de 2022

"NAVEGA CON RUMBO"

Esta semana Federico Ramiro, enxeñeiro informático, veu ao colexio para impartir unha charla sobre a navegación segura e internet. Deunos dez consellos para manexarnos de xeito fiable pola rede. 









venres, 6 de maio de 2022

ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE

 O pasado venres, 6 de maio, tivemos unha actividade impartida por Priscila Retamozo,formadora en igualdade de xénero. A través deste obradoiro tentamos detectar estereotipos de xénero.   










xoves, 5 de maio de 2022

VISÍTANOS FINA CASALDERREY

 O mércores, 4 de maio, contamos coa presenza da escritora, Fina Casalderrey, nas aulas de 5º. Tivo ao noso alumnado engaiolado, compartindo as súas experiencias e vivencias como mestra e creadora de historias para nenas e nenos. Explicounos o motivo que a levou escribir; e falounos sobre o libro que limos no 2º trimestre: O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Foi un placer contar coa súa presenza. Grazas FINA!











sábado, 23 de abril de 2022

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

O xoves, 21 de abril, a psicóloga Alba Fernández Esperón, impartiu un obradoiro de "Educación para a saúde". O 28 de maio visitounos de novo, e continuou abordando a temática emocional na aula de 5°A. Hoxe, 28 de maio, iniciouse o taller de emocións na aula de 5° B, a cargo doutra especialista na materia. Nas dúas sesións que dura o taller, trátanse as habilidades sociais e ofrécense técnicas para a resolución de conflitos na vida diaria.