mércores, 20 de novembro de 2019

PUNTOS CARDINAIS. O COMPÁS

Falamos dos puntos cardinais como as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que permiten a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre.
Comentamos en que consiste o compás, agulla de marear ou "búsula" (en castelán brújula).
Fixemos prácticas do seu uso por equipos:
Realizamos actividades para facer percorridos seguindo instrucións cos puntos cardinais

xoves, 14 de novembro de 2019

MÁIS DO CICLO DA AUGA

EVAPORACIÓN - CONDENSACIÓN - PRECIPITACIÓN - RECOLLIDA
Un novo video que repasa o que estudiamos sobre o ciclo da auga e que atopamos na páxina da AXENCIA ESPACIAL EUROPEA (ESA - Space por Kids)

martes, 12 de novembro de 2019

DIXESTIÓN DA CASTAÑA

Hoxe limos un texto sobre o percorrido que faría unha castaña polo noso aparato dixestivo. Despois esquematizamos o contido en 4 pasos.
Na clase vimos e comentamos o seguinte curto:

Sorprendeunos moito o longo que é o intestino delgado...ata empregamos o metro e comprobamos canto mediría "estirado".😲
E rematamos con ritmo o percorrido polo aparato dixestivo. Houbo máis dun sorriso.😀

Agora queremos saber máis do funcionamento do noso corpo. 😊

luns, 11 de novembro de 2019

NOTICIA DO DÍA: ELECCIÓNS 10N

Onte celebraronse eleccións xerais para elexir representantes para Congreso e o Senado do noso país. Hoxe foi motivo de charla e comentario nas nosas clases.
Vocabulario: urna, censo, voto, papeleta, sobres branco e sepia, electoras-electores, representantes, Congreso (deputadas e deputados), Senado (senadoras e senadores), mesa electoral, maioría, partidos, campaña electoral, propaganda electoral, mitín, hemiciclo, voto en branco, voto nulo, coalición...

Os datos aparecidos na prensa escrita e dixital sobre os resultados serviron tamén para comentar como son as gráficas que recollen os resultados. Nós tamén interpretamos matemáticamente eses resultados...e propuxemos posibles acordos ou coalicións.

https://photos.app.goo.gl/NG1ioWkTGchP6c6G8

Recordamos a historia do calcetín político e como remataba o capítulo. Xenial!!!



venres, 8 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Traballamos o Samaín e o Magosto desde moitos e variados aspectos. Hoxe mesmo rematamos o noso esquema de hexágonos sobre o texto "A ASAR CASTAÑAS" e démoslle os últimos retoques aos nosos amuletos para a exposición solicitada por Antío.
Aportamos castañas xa amosegadas que deixamos na zona da entrada do cole. Paco encargouse da fogueira e tivo axuda do alumnado de 6º.
Despois do recreo, comezou a celebración festiva co baile de Uxía Lambona e a Banda Molona - O Samaín.  Levamos unha tarxeta identificativa co personaxe que interpretamos na canción. 
Velaquí algunhas das imaxes:
https://photos.app.goo.gl/Z5BkvnHFMfx2ujpB7
Despois as nenas e os nenos de 6º repartiron as castañas asadas. Os grupos estabamos organizados en rodas e nós tiñamos os cucuruchos preparados...que fame!!! Ata fixemos tempo mirando as noticias nos periódicos e atopamos varios mapas metereolóxicos...
https://photos.app.goo.gl/udQsKMgbB3585eef7
Rematamos cun obradoiro de maquillaxe a cargo dalgún alumnado voluntario de 6º e dalgunhas profes que foron deseñando motivos do máis variado.
https://photos.app.goo.gl/v6qn3fYPpzj4GQR1A
https://photos.app.goo.gl/dTcBuEQKQQkLPSsx9E rematamos coa recollida e limpeza do patio. Agora a esperar que a seguinte celebración sexa tan divertida como esta xornada.














Preme sobre as imaxes para ver máis fotos.

SAMAÍN 2019

Nestas datas traballamos arredor do SAMAÍN.
Fixemos buscas no dicionario.
Limos historias relacionadas con esta celebración.
Traballamos os medos e con historias de medo.
Organizamos a información sobre o Samaín en esquemas 5x5.
Na biblioteca de Lampi participamos en diferentes obradoiros de tarxetas do Samaín ou de apócemas máxicas.
Fixemos algunha actividade robótica...

Tamén  elaboramos amuletos para protexernos de moitos "males" ou darnos "sorte" de maneiras diferentes. Empregamos unha pasta moi parecida ao barro, modelamos e deseñamos diferentes talismáns ou amuletos que moi pronto estarán expostos nos corredores do centro.
Despois da exposición, poderemos levalos para casa...





mércores, 6 de novembro de 2019

QUE SERÁN?

Observa atentamente as imaxes seguintes.
Serán mapas físicos? Serán mapas políticos?
De onde son estes mapas?
Para que servirán?
Que indican as lendas?

Ide pensando!
Mañán comentamos...