martes, 14 de abril de 2020

DE NOVO EN ACCIÓN


Xa estamos de volta...Comeza un terceiro trimestre nunhas circunstancias especiais que nos siguen obrigando a seguir nas nosas casas. Xuntas-xuntos, pero na distancia, temos moito que contar...Así que comezamos:

Que tal a semana? 
Se vos animades podedes compartir connosco algunha imaxe, debuxo, anécdota ou experiencia destes días. Despois, subiríamolas ao noso blog e as dúas clases poderíamos ter noticias das  compañeiras e dos compañeiros.
Tamén podedes escribir no noso faladoiro, ou facer algún comentario nas diferentes entradas do blog, escribir algún gmail... 

As profes tamén esperamos as vosas noticias con ilusión.
.........
Que fixemos nós? Buscade a resposta no faladoiro 😉😊😍

venres, 3 de abril de 2020

UN PEQUENO DESCANSO


O noso blog vai descansar uns días...non haberá  propostas nin entradas novas durante o período non lectivo  das vacacións de Semana Santa.


Tedes moitas actividades coas que compartir o tempo e axudar na casa. Non esquezades contactar cos familiares que non tedes cerca, especialmente aos maiores, e tamén intercambiar saúdos coas vosas amizades...Seguro que volo agradecen. 

Hai tempo para todo: ler, escribir, pintar, colorear, cociñar, cantar, bailar, xogar, ver unha boa película, descansar...navegar polo noso blog -mesmo o Manual da supervivencia que enganchamos a dereita do blog-.  

Seguiremos proximamente compartindo fotos, videos, traballos...😉😊

Moito ánimo!!! 

luns, 30 de marzo de 2020

Cociñando. QUEDAMOS NA CASA! (2)


Como nestes días estamos na casa... Seguro que colaboramos na elaboración de merendas-comidas e/ou  probamos merendas-comidas diferentes, mesmo experimentamos con sabores e mesturas diversas...
Sería bo que as compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros, non imos permitir que algo tan apetitoso quede no anonimato! Faremos as Receitas Vilaverde para "quedar na casa".

Para iso:
1. Poñeremos  o nome da nosa receita (título)
2. Faremos fotos ou video
3. Mandaremos  o título, a receita  e/ou  unha foto de como nos quedou, ou de como a comemos o manxar...  ao correo do noso blog.

Plantilla receita só imaxes. 

 ANIMÁDEVOS !!! 😋😋😋

Xa temos as nosas primeiras receitas:

https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

20200330 - Noraboa Candela pola túa participación. Teñen unha pintaza riquísima!!! 😋😋😋

E agora amosamos as receitas e a preparación gravada en video de dous grandes cociñeiros:
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
Parabéns a Caetano e Cibrán polo seu magnífico traballo. Moitos aplausos!!!😋😋😋

20200331 - Tócanos darlle a noraboa a outra extraordinaria cociñeira:
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
Tamén nos agasalla cun pequeno video. Noraboa Esther!!! Aplausos riquísimos!!! 😋😋😋 
Parabéns para Carla e Inés polo seu traballo e participación. Presentan unhas galletas que só velas dan fame. Noraboa cociñeiras!!! 😋😋😋
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
E tamén Mateo amosa o seu bo facer coa receita do biscoito de iogur. Grazas polo teu traballo e participación.😋😋😋
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
Noraboa Inés!!! 😋😋😋 Xa nos gustaría as dúas clases compartir a degustación das galletas #EU QUEDO NA CASA, pero no cole...verdade? Aplausos riquísimos
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

20200401 - Parabéns Luca!!!  Que rica esa torta de mazá😋😋😋. Moi bo traballo!!!
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
Tamén Carmela invita  a comer cos ollos. Riquísimo biscoito!!!😋😋😋 Noraboa polo traballo e a participación. Moitos aplausos.
Mario propón outra riquísima receita: O batido de froitas cuarentena anticovid 19. Parabéns pola túa participación e o teu video. Aplausos saborosos😋😋😋
Cristina resulta ser outra fantástica cociñeira. Noraboa pola túa receita e participación. Aplausos suculentos😋😋😋
 
Parabéns para Alicia que nos anima o día cun "Sorbete de amorodos". Noraboa pola túa receita e participación. Riquísima!!!😋😋😋
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

Noraboa tamén por remitirnos o texto escrito da receita:
E rematamos este mércores coa receita do noso compañeiro Yago. Noraboa polo teu traballo e participación!!!  Temos a receita e un video con detalladas explicacións para preparar un riquísimo "Emoticono de Nesquik" . Aplausos saborosos😋😋😋

https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
20200401 - Noraboa a Mariña que nos fai chegar a receita de "Sincronizadas". Moitos aplausos 😋😋😋: 
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

20200402 - Parabéns a nosa compañeira Alicia polo seu traballo e participación. Que pinta máis rica ten esa Sharlotka!!! Aplausos saborosos 😋😋😋: 
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5

Noraboa  para Pablo polo súa participación culinaria. Máis aplausos ricos-ricos😋😋😋: 
A felicitación é agora para Omar que fixo para todos nós unha fantástica receita de albóndegas😋😋😋:
https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5
Noraboa chef Aldara, grazas pola túa receita e o teu traballo. Aplausos saborosos 😋😋😋

Parabéns a Luana e a súa irmá Maira pola receita dun pan que alimenta...😋😋😋 Noraboa cociñeiras!!!

https://photos.app.goo.gl/YvA8UCqhLGFD3fns5


20200414 - Parabéns a nosa compañeira María polo traballo e participación. Que pinta máis rica ten esa bica!!! Moitos aplausos 😋😋😋: 


Noraboa  tamén para Ana que nos agasalla cun riquísimo traballo, temos video cos ingredientes e receita. Aplausos saborosos😋😋😋: 


Felicitamos novamente a Candela que nos presenta unha receita rica-rica. Aplausos deliciosos 😋😋😋


Sabela presenta unha elaborada receita. Noraboa polo teu traballo e participación. Aplausos suculentos😋😋😋

E Roque sorpréndenos cunhas deliciosas galletas de limón. Tomamos nota doutro gran chef. Norabora polo teu traballo
😋😋😋


20200415 - A nosa compañeira  Raquel presenta unha receita titulada "A sorpresa de Raquel". Non perdades o video por se queredes facer vós a proba. Norabora polo teu traballo😋😋😋
20200417 - Parabéns ao noso compañeiro Javi que presenta dúas riquísimas receitas. Aplausos saborosos 😋😋😋

20200417 - Noraboa a nosa chef Natalia que nos achega outro riquísimo prato. Moitos aplausos 😋😋😋

20200417 - Parabéns ao noso compañeiro Manu que nos explica, paso a paso, a receita dunha riquísima tarta de queixiños. Deliciosos aplausos 😋😋😋
 
20200417 - Felicidades a Jimena e a súa familia que nos achegan a receita dunhas saborosas filloas. Noraboa pola vosa colaboración. Aplausos 😋😋😋


20200417 - Parabéns a nosa compañeira Amira que nos achega unha receita de biscoito explicada nun pequno video. Moitos aplausos  😋😋😋

20200418 - Noraboa ao noso compañeiro Sergio que cun sonriso preséntanos unha receita tentadora. Moitos aplausos 😋😋😋
20200424 - Noraboa ao noso compañeiro Dani que achega un video cociñando unha tortilla francesa. Moitos aplausos 😋😋😋. Podedes ver o video no ESCAPARATE CREATIVO.