venres, 22 de maio de 2020

OS NOSOS SITIOS FAVORITOS


A recompilación fotográfica comeza a medrar, as imaxes son moi chulas e con todas elas temos moitas ideas para percorrer a nosa xeografía e coñecer moitos e variados lugares...todos moi fermosos.
Animádevos a participar!!!
Temos de prazo ata o martes 26.

AS PRIMEIRAS SAÍDAS

 
O pasado domingo 26 de abril e, despois de corenta días de confinamento sen saír, as nenas e os nenos menores de 14 anos puideron saír a pasear con precaucións tal como recollimos tamén no noso blog.
Son saídas como máximo dunha hora, de menos dun kilómetro e acompañadas ou acompañados. Foron unhas saídas moi esperadas, vividas  con ilusión como unha conta atrás por algunhas e algúns de vós e con certos medos e nervios por outras e outros...todo iso é normal, vivimos moitas emocións e agora podemos compartilas:

OS NOSOS AGRADECEMENTOS

 
Imos subindo as nosas cartas e textos de agradecemento a todas as persoas que durante os días de confinamento polo COVID 19 seguiron traballando e facilitándonos o día a día...


xoves, 21 de maio de 2020

HISTORIAS CO RATIÑO DE GIANNI RODARI

Homenaxe a Giovanni "Gianni" Rodari (1929-1980), escritor italiano, pedagogo e xornalista italiano especializado en obradoiros sobre  comedia infantil e xuvenil. Como pedagogo realizou un importante labor na renovación educativa. Este ano celebrarase o centenario do seu nacemento o 23 de outubro.

Unha das súas obras máis coñecidas é  "Contos ao teléfono". Unha das historias é precisamento a do ratiño.

Así remataba a verdadeira historia escrita por Rodari:
Podemos lela aquí, aquí ou mesmo escoitala a continuación:
E aquí podedes disfrutar cos finais propostos polo alumnado de 3º:

VIDEO CONTOS DO RATIÑO 3ºA
CONTOS DO RATIÑO DE 3ºB
VIDEO CONTOS DO RATIÑO 3ºB


mércores, 20 de maio de 2020

PARA XENTE CURIOSA

Esta en marcha unha nova proposta para a próxima semana...pero hai xente curiosa, moi curiosa que xa pregunta pola temática.

Xogamos as adiviñas
Dúas pistas:
. Hoxe é o seu DÍA MUNDIAL.😉
. Unha foto vosa de hai algúns anos:
Esperamos "zumbando" as vosas respostas na zona de comentarios ou no faladoiro. Ánimo!!!

luns, 18 de maio de 2020

AS NOSAS POESÍAS

Está en marcha o XXVIII CERTAME DE POESÍA do noso cole. Este ano será moi, moi especial porque será un certame desde as nosas casas. Imos subindo as poesías que van chegando...temos de prazo ata o venres 22
Esperamos con moita ilusión todas as vosas creacións.😀
Lembrade que o papel estará en posición horizontal, esmerádevos na presentación e na caligrafía. Acompañaredes o poema cun debuxo e poñeredes o voso nome e apelidos abaixo na esquina dereita.

CARTA DE AGRADECEMENTO

Imagen del personal sanitario del Hospital 12 de Octubre, aplaudiendo, a las ocho de la tarde. EFE

Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento, decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar sobre que pasaría se non existisen médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta, manuscrita en lingua galega, a un deses colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos imprescindibles. Compartiremos no blog e faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo do noso blog: pequesvila@gmail.com

Apertas