venres, 30 de outubro de 2020

ESCAPE ROOM TERRORÍFICO

Presentamos unha proposta lúdica para resolver nestes días de Samaín...

Se vos animades a participar, tedes que ir resolvendo unha serie de probas.

Seguide, paso a paso, as indicacións.

Lembrade ir anotando acertixos e respostas nunha folla.

Cando cheguedes ao final e teñades todo anotado, mandade unha foto ao noso correo pequesvila@gmail.com.

O martes 3 de novembro comentaremos na clase.😉

Un pequeno agasallo: Visita virtual 360º

BRUXA DE ORIGAMI

Estes días fixemos unha bruxiña con papiroflexia ou origami.

Preme sobre a imaxe e podes lembrar o proceso.

Pronto veredes os resultados no blog.

Como adianto, velaquí algunha imaxe:

 

xoves, 29 de outubro de 2020

NUMERACIÓN ROMANA


Coñecemos a NUMERACIÓN ROMANA. Traballamos coa seguinte infografía e algúns curtos:



E comezamos a practicar como se fose un xogo. Encántanos a numeración romana...

Repaso as regras dos números romanos e practico con algúns exercicios.

XOGOS CON NUMERACIÓN ROMANA MUNDO PRIMARIA

Tamén podo practicar con actividades interactivas:

Actividade interactiva I

Actividade interactiva II

Actividade interactiva III

Actividade interactiva IV

Actividade interactiva V

Outras actividades propostas na clase con numeración romana:

Conversión de números (2) 

Actividade con descomposición 

Máis exercicios

martes, 27 de outubro de 2020

CHEGA O SAMAÍN

Estes días nas sesións de Sociais, Lingua Galega e Plástica traballamos arredor da festa do SAMAÍN.
 
Lemos o pequeno texto O  NOSO SAMAÍN para anotar o vocabulario novo e contestar as preguntas no cole: 

Preme na imaxe ou no título e le a pequena obra de teatro con dúas escenas CAMIÑO AO SAMAÍN que traballamos nas nosas clases:

Xa temos algunhas "cabazas horripilantes"...iremos subindo máis 😉
 
Vai outra pequena proposta lectora BOAS NOITES, VÍCTOR que completaremos no cole:
E como agasallo un conto, unha canción e un baile de "medos":

luns, 26 de outubro de 2020


Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 con data 
Sunday, 25 October 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre Halloween.

venres, 23 de outubro de 2020

venres, 16 de outubro de 2020

DIVIDIMOS CUNHA CIFRA NO DIVISOR


Repasamos os elementos da división e a división entre unha cifra no divisor.

Recordamos do curso pasado e practicamos na clase* con moitos exemplos...

A clave segue a ser saber moi ben as táboas de multiplicar.

E tamén podemos repasar, reforzar e practicar na casa. Temos actividades e xogos interactivos algúns con autocorrección.

FICHA INTERACTIVA 1

FICHA INTERACTIVA 2

FICHA INTERACTIVA 3 

FICHA INTERACTIVA 4

XOGO "lapandillarejilla" para coller velocidade coas táboas 😉

XOGO SMARTICK -divisións exactas-

XOGO SMARTICK -divisións inexactas-

As fichas interactivas, unha vez cubertas, tamén podedes mandalas ao noso correo-e pequesvila@gmail.com

Ánimo !!!