luns, 30 de novembro de 2020

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Monday, 30 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "FIVE SENSES".

venres, 27 de novembro de 2020

TITORIAL DE AXUDA PARA AULA VIRTUAL E VIDEOCONFERENCIA

Pasiño a paso, imos poñer en marcha a nosa aula virtual como un recurso máis que nos axudará na nosa actividade escolar e tamén para desenvolver a competencia dixital.

Na clase explicaremos como comezar nesta nova andaina. Ás familias darémoslles indicacións proximamente e mandaremos o nome de usuaria ou de usuario e as instrucións para poñer o contrasinal e acceder.

O próximo martes, día 1 de decembro pola tarde
, teremos un encontro por videoconferencia para comprobar as posibilidades de conectividade do noso alumnado. Os requisitos para poder conectarse mandarémosllos a cada familia. 

Este titorial pode axudarnos:

AS UNLLAS DE CORES. Reto final de semana

 
 

xoves, 26 de novembro de 2020

OS NOSOS BODEGÓNS

Preciosas composicións!😊😉

Noraboa pola vosa participación!!! 👏👏👏 

E velaquí a nosa versión en video con música:

BODEGÓNS DE 4º - Outubro 2020

REPARTO DAS TAREFAS. Reto do día

E seguindo coas temáticas da semana, hoxe o noso reto é unha palabra comentada e traballada estes días. Para resolvelo fixemos o reto co xogo do "aforcado":

Lembrade que no noso blog, situado a esquerda e debaixo do repaso de problemas, temos BUSCA PALABRAS con interesantes propostas: busca sinónimos, antónimos, rimas, crea encrucillados, sopa de letras e o xogo do "aforcadiño".

mércores, 25 de novembro de 2020

ANTÓNIMOS E SINÓNIMOS. Reto 25 N

O noso reto de hoxe viña cargado de letras para buscar SINÓNIMOS e ANTÓNIMOS da palabra violencia.

Sopa de letras coa que traballamos hoxe nas nosas aulas:

Anotamos, comentamos significados, separamos sílabas e marcamos a sílaba tónica.

Agora deixamos unhas propostas interactivas con sinónimos, antónimos e palabras polisémicas:

Sinónimos e antónimos 1 

Sinónimos e antónimos 2

Pasapalabras de sinónimos e antónimos  3

Palabras polisémicas 1

Palabras polisémicas 2

Animádevos a practicar e lembrade mandar as vosas respostas ao noso correo electrónico pequesvila@gmail.com
 

martes, 24 de novembro de 2020

O reto de hoxe foi un SUDOKU...pero un sudoku especial:

Colaborou toda a clase para resolverlo no tempo das merendas. Agora tamén o compartimos coas nosas familias.😉