Hoxe realizamos un pequeno obradoiro para traballar valores e actitudes de igualdade libres de estereotipos. Foi impartido por Priscila Retamozo e ofertado polo CIM de Pontevedra (Centro de Información á Muller).
Fixemos unha presentación na que resaltamos os nosos valores e os valores que vemos nos demais.
Debatimos sobre estereotipos. Lembramos actividades realizadas nos dous últimos cursos relacionadas coa igualdade e comentamos arredor de dous pequenos videos.
Un ano máis celebramos o CERTAME DE POESÍA e xa imos polo XXIX, pero fixémolo dunha maneira diferente por mor da COVID-19.
Nas nosas aulas limos as poesías. Despois baixamos ao patio para recitar a poesía escollida de cada grupo. Primeiro, realizouse a lectura e a entrega dos diplomas correspondentes aos grupos B e a 6ºC de Primaria e logo tocoulle aos grupos A.
Foi un día especial que adicamos a figura de XELA ARIAS con actividades moi variadas:
Escoitamos e vimos o videoclip Darío a diario da Banda da Loba:
Montamos uns "comecocos" con preguntas sobre a autora homenaxeada.
Despois do recreo, disfrutamos co concerto de Pakolas que presentou en streaming o álbum "Ramona Órbita a dona do tempo". Bailamos ao ritmo marcado polo artista desde os nosos "postos".
O día 22 de abril iniciamos un ciclo de exposicións con temas de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza en lingua galega.
A exposición é individual cunha duración máxima de dez minutos e pode acompañarse con
fotos, esquemas, diapositivas, presentación PPT que se mandan por correo-e ou nun lapis de memoria ou de cartolinas-murais, libros ou contos que poden amosarse, pero non compartirse por mor das medidas pola pandemia.
A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas
aulas.
A listaxe dos temas é moi variada e aprendemos a facer unha pequena exposición sobre un tema do noso interese
e a ser un público entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.
Compartimos as montaxes coas imaxes das nosas exposicións:
Hoxe, grazas ao SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, recibimos a visita nas nosas aulas de dúas escritoras:
MARÍA CANOSA BLANCO foi a autora que pasou pola clase de 4ºA e contounos como era o proceso de creación dos seus libros. Explicounos que as ideas víñanlle nos lugares máis insospeitados, e que aproveitaba calquer intre de inspiración para escribir os seus relatos. Díxonos que, antes de pasar os seus contos a ordenador, escríbeos a man nun caderno moi persoal. Animounos a contar as nosas historias para facer voar a nosa imaxinación.
TAMARA ANDRÉS PADÍN, poeta e tradutora, realizou un obradoiro de POESÍA na clase de 4ºB.
Palabras con sentidos e desde os sentidos.
Palabras co corazón.
Cambiamos letras, incorporamos debuxos, interpretamos versos e deixounos unha "proposta poética no aire" con ❀❁❀❁.
luns, 19 de abril de 2021
Hai nova entrada no blog de Música - CANTANDO BAIXIÑO - con data 16 de abril 2021 - coa proposta da profe Lola para practicar unha divertida coreografía: "FOLLOW THE LEADER".