venres, 29 de outubro de 2021

UN SAMAÍN DE MEDO

 Este venres celebramos o Samaín no CEIP Vilaverde. As nenas e nenos de 5° viñeron con peiteados medorentos do máis orixinal. Tamén houbo un desfile coas variñas que fixemos nas aulas. Grazas á colaboración das familias houbo  tempo para gozar dunhas merendas monstruosas. Compartimos convosco este día de ledicia e emoción para o noso alumnado.














luns, 25 de outubro de 2021

VISITA DA POLICÍA NACIONAL ÁS AULAS DE QUINTO

A Policía Nacional visitou as nosas aulas para falarnos da función que desenvolven na nosa sociedade. A charla centrouse na importancia de usar axeitadamente Internet. Asemade, expuxeron os perigos que podemos atoparnos na mesma. Explicáronnos que hai que dosificar o tempo adicado aos videoxogos. Faláronnos do ciberacoso e de adicións e enfermidades asociadas a un uso inapropiado da rede. Recomendáronnos ser moi prudentes cando interactuamos en xogos de tipo virtual (sobre todo se xogamos con persoas que non coñecemos persoalmente). Ensináronnos moitísimas cousas! 
Moitas grazas pola visita!


xoves, 2 de setembro de 2021

XA ESTAMOS EN 5º!

 O VINDEIRO DÍA 9 IMOS VERNOS NA CLASE.

ESTAREMOS NUNHA CLASE NOVA.

AS MASCOTAS ESCRIBIRÍANNOS? QUE NOVIDADES TERÁN?

mércores, 30 de xuño de 2021

martes, 22 de xuño de 2021

ENLACES FOLLETO SUXESTIÓNS DE VERÁN

NO ORDENADOR podedes facer actividades da aula virtual, do blog de clase, do blog de recursos e/ou facer tarefas de:

o      http://boj.pntic.mec.es/psuare2/ortografia.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/~msanto1/ortografia/index1.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/#lengua

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/#matematicas

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/multiplicacion.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/ortografia.htm

o      http://www.accedetic.es/tablasdemultiplicar/tablasdemultiplicar.html

o      http://www.aplicaciones.info/lectura/lectura.htm#mayores

o      http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/

o      http://www.educanave.com/primaria/indexprimaria.htm

o      http://www.mundoprimaria.com/juegos-lenguaje

o      https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas

o      https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=ca&language=es&level=PRI

o      https://luisamariaarias.wordpress.com/2014/05/02/recursos-3o-y-4o-de-primaria/

o      https://vedoque.com/sec.php?s=4

o      https://www.cokitos.com/category/juegos-para-ninos-de-9-anos/

o      https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

o      https://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/index.html

o      https://www.matematicasonline.es/pequemates/pequemates9/pequemates9-1.html

XOGOS ONLINE

·         https://www.sudoku-online.org/ SUDOKU

·         https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/reajuegos-JS/tangram_clsico.html TANGRAM

·         https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-ahorcado/ AFORCADO

·         https://www.cokitos.com/pasapalabra-para-ninos/ PASAPALABRA

·         https://aprendeconrey.com/ XADREZ

·         https://www.cokitos.com/domino-educativo/ DOMINÓ

luns, 21 de xuño de 2021

SUXERENCIAS LITERARIAS

Este curso 2020/2021 a pandemia tamén condicionou as nosas animacións lectoras e os préstamos e intercambios de libros. 

A biblioteca do centro estivo pechada e Lampi mandou recados virtuais.

Neste último trimestre, fixemos un esforzo extra de hixiene e "corentena" cos materiais.

Puxemos moita ilusión con novas lecturas e preparamos suxerencias para outras compañeiras e compañeiros. Unha selección destas recomendacións literarias aparecen no xornal do centro.

Con esta imaxe animamos a ler no verán:

                                         Bo verán e boas lecturas!!!

Biblioteca de Lampi