martes, 21 de decembro de 2021

CELEBRAMOS O NADAL NO COLEXIO

 Hoxe foi o último día do trimestre. Seguimos sen poder celebrar o Nadal coma nos gustaría, pero iso non impediu que gozásemos da xornada escolar con xogos, panxoliñas e diferentes actividades. Compartímosvos estas fotos! Agora toca descansar uns días! Pasádeo xenial durante estas vacacións! Bo Nadal!








mércores, 15 de decembro de 2021

VISITA DA ASOCIACIÓN OS PALLEIROS

Este mércores 15 de decembro viñeron visitarnos Gloria e Pili, membros da asociación OS PALLEIROS xunto con Neka, unha adorable cadeliña. A charla axudounos a tomar conciencia da importancia que teñen as mascotas nunha casa, do coidado que esixen e da responsabilidade que implican.
Gloria e mais Pili explicáronnos o labor que desenvolven como voluntarias en OS PALLEIROS.
 Moitas grazas pola visita e, sobre todo, polo traballo que desenvolvedes, de xeito altruísta e desinteresado, co fin de darlles unha vida digna a estes marabillosos animais.



mércores, 10 de novembro de 2021

O ALUMNADO DE 5º ANÍMASE CO SISTEMA SOLAR


Como ben saberedes estamos a traballar o Universo. Co gallo deste centro de interese algunhas nenas e nenos están traendo á aula a maqueta que fixeron nas súas casas. Parabéns polo voso traballo!👏 Grazas ás familias pola vosa axuda e colaboración no desenvolvemento deste proxecto!👌




























 



venres, 29 de outubro de 2021

UN SAMAÍN DE MEDO

 Este venres celebramos o Samaín no CEIP Vilaverde. As nenas e nenos de 5° viñeron con peiteados medorentos do máis orixinal. Tamén houbo un desfile coas variñas que fixemos nas aulas. Grazas á colaboración das familias houbo  tempo para gozar dunhas merendas monstruosas. Compartimos convosco este día de ledicia e emoción para o noso alumnado.














luns, 25 de outubro de 2021

VISITA DA POLICÍA NACIONAL ÁS AULAS DE QUINTO

A Policía Nacional visitou as nosas aulas para falarnos da función que desenvolven na nosa sociedade. A charla centrouse na importancia de usar axeitadamente Internet. Asemade, expuxeron os perigos que podemos atoparnos na mesma. Explicáronnos que hai que dosificar o tempo adicado aos videoxogos. Faláronnos do ciberacoso e de adicións e enfermidades asociadas a un uso inapropiado da rede. Recomendáronnos ser moi prudentes cando interactuamos en xogos de tipo virtual (sobre todo se xogamos con persoas que non coñecemos persoalmente). Ensináronnos moitísimas cousas! 
Moitas grazas pola visita!


xoves, 2 de setembro de 2021

XA ESTAMOS EN 5º!

 O VINDEIRO DÍA 9 IMOS VERNOS NA CLASE.

ESTAREMOS NUNHA CLASE NOVA.

AS MASCOTAS ESCRIBIRÍANNOS? QUE NOVIDADES TERÁN?

mércores, 30 de xuño de 2021