mércores, 21 de decembro de 2022

ROBÓTICA

 Nestes días estivemos a realizar un taller de iniciación a robótica. Un dos obxectivos principais é a secuenciación de tarefas e a PLANIFICACIÓN.

1. Engadimos unha matriz de leds a MBOT

2. Conectámonos mediante BLUETOOH

3. Programamos en MBLOCK

4. Desfrutamos do resultado final




E, somos quen de colaborar, esperar turnos, cooperar... para obter un resultado satisfactorio.

BO NADAL A TODOS E TODAS

venres, 16 de decembro de 2022

MARTA CABALEIRO

 Entre todos e todas os nenos e nenas , xunto con Marta Cabaleiro, a nosa artista. Creamos un cadro coa técnica do puntillismo. Resultou un traballo colaborativo que desfrutaron moito.





Se pinchades no cadro veredes máis fotos.
Moitas grazas 



venres, 2 de decembro de 2022

SERRAS DE GALICIA

 Nestes días estivemos a traballar as diferentes SERRAS DE GALICIA

1. Esquema coas características do relevo interior

2. Búsqueda de información das Serras de Galicia

3. Posta en común de diferentes características das mesmas

4. Mapa de Galicia situando as diferentes Serras

5. Trazado dun itinerario entre elas








Ademais conseguiron que OZOBOT fora quen de percorrer as diferentes serras





xoves, 24 de novembro de 2022

Eva María Corral Solla deunos unha charla sobre hixiene corporal. Grazas pola súa participación. Podedes ver as fotos das sesións premendo na imaxe.



venres, 28 de outubro de 2022

O MAGOSTO

 Este ano chegou ao cole O MAGOSTO. O principio non sabíamos se o tempo acompañaría pero, finalmente, conseguímolo.

Os nenos e nenas de 6º , fixérono moi ben, estamos todos moi orgullosos. Colaboraron activamente na celebración do MAGOSTO e, contribuiron a que fora un éxito.

Se pinchades na foto, podedes ver máis.


MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS


SODES ESTUPENDOS E ESTUPENDAS