LEVAMOS UN TEMPO TRABALLANDO SOBRE BICHOS E CON ELES... ELABORANDO O TRABALLO QUE IMOS MANDAR AO SALÓN DO LIBRO PORQUE ESTE ANO ESTARÁ ADICADO AOS BICHOS.
EN INFANTIL DE 4 ANOS, COMO ESTAMOS A TRABALLAR OS ANIMAIS DO MAR, OS NOSOS BICHOS SERÁN MARIÑOS, PERO NON EXISTIRÁN NA REALIDADE. SERÁN IMAXINARIOS E ORIXINAIS.
CADA GRUPO ELABORAMOS O NOSO EMPREGANDO DISTINTOS MATERIAIS: GALLETAS, CEREAIS, PALLIÑAS, BOTÓNS, TAPAS, ENVASES, DIFERENTES PASTAS, CHOCOLATE, KETCHUP, CD, PEZAS XEOMÉTRICAS, PEZAS DE DISTINTAS PARTES DE ANIMAIS, TÉMPERA...
LOGO ESCRIBIMOS UNHA GRAN FICHA COS DATOS DESE ANIMAL: NOME, CARACTERÍSTICAS, CURIOSIDADES...
DESPOIS FIXEMOS OS FONDOS MARIÑOS EMPREGANDO DISTINTAS TÉCNICAS E MATERIAIS: PINCEIS; ESTAMPACIÓN CON ESPONXA, BASTONCIÑOS; DÁCTILO PINTURA, RASGADO…
AS LÁMINAS UNHA VEZ ACABADAS SON ESTAS:
O ENCARGADO DE LEVAR ESTAS LÁMINAS SERÁ RODOLFO, O BICHO DO NOSO COLE. HOXE FOMOS VISITALO.E GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario