O martes chegounos unha carta de Lampi convidándonos para este xoves á primeira xuntanza do CLUB DE LECTURA DE TERCEIRO co libro ANIMALIA 1.VERDE de Xosé Tomás publicado por Xerais.


As profes Azu e Susana esperáronnos na biblioteca en dúas sesións. Falamos do libro, falamos de lectura, felicitáronnos pola enorme participación e animáronnos a continuar así...
Ao rematar as xuntanzas recibimos uns agasallos moi especiais para compartir nas nosas aulas ou recantos: o libro "Con los vecinos" e un xogo LEGO.
Foi tal o éxito que xa estamos "maquinando" cómo participar en novos Clubs de Lectura e conseguir máis contos e LEGOS para as nosas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario