mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN


Hoxe, dentro do noso proxecto de PLANTAS, tivemos a enorme sorte de gozar dunha saída ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Ao principio, chamou a nosa atención a fachada e a escalinata do pazo, que unicamente poden verse desde fóra.

Alfredo acompañounos durante todo o percorrido, presentouse como traballador do centro e bombeiro forestal. Observamos e aprendimos moito coas súas explicacións durante toda a camiñata. Levaba unha caixa máxica da que, de cando en vez, saían diferentes obxectos curiosos coma sementes, insectos, follas -por ex. a do ginkgo-, unha torada de corticeira, resina...

Na finca destacamos o Xardín Botánico con varias fontes e unha grande variedade de especies árboreas e arbustivas, algunhas delas exemplares únicos como unha unha sequoia, unha cryptomeria xapónica, unha metasequoia, un cedrus libani, unha araucaria e algún castiñeiro oriental que aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.
Moitas curiosidades: a gruta dos espellos, unha mesa de 6 metros de granito dunha  peza -din que traida da Illa de Tampo- , o enorme invernadoiro de cristal, un hórreo con 16 pes...
Por certo, no invernadoiro poidemos identificar varias especies de plantas carnívoras.

Moita HISTORIA e moita NATUREZA por contar e por coidar.

Seguimos a sensibilizarnos co MEDIO AMBIENTE. Repasamos tamén o que estamos traballando nas nosas aulas e os "superpoderes" das plantas.
Recollimos diferentes sementes, follas, froitos do chan...
https://photos.app.goo.gl/hDjMWcdqrA3EohoY8
Clica sobre a imaxe para ver todo o álbum
A reportaxe gráfica é unha pequena mostra de todo o que este enorme espazo ofrece aos sentidos.
A visita resultou todo un éxito e o tempo soleado acompañounos como se fora xa primavera.
Grazas ao Centro e ao noso guía Alfredo.

sábado, 1 de febreiro de 2020

ESCOITAMOS AO NOSO PLANETA


Falamos, escoitamos...

PAZ que implica ESCOITAR para resolver conflitos e para axudar a coidar ao noso planeta.

Estes días nas nosas clases comentamos e debatimos arredor dunha escoita activa...

Reivindicaremos a PAZ coa canción O VELEIRO VERDE de María Fumaça que preparamos coa profe Lola...Encántanos!!!

mércores, 29 de xaneiro de 2020

WANGARI MAATHAI, A MULLER ÁRBORE

A profe Andrea sorprendeunos cunha sesión moi especial adicada á WANGARI MAATHAI, Premio Nobel da Paz 2004, muller, africana, loitadora da conservación dos espazos naturais e defensora da natureza.  
Aprendimos moitos datos da súa biografía, a importancia da súa figura e da súa mensaxe.
Debatimos sobre respecto á natureza, solidaridade, igualdade e compromiso co entorno.  Comentamos moitas das súas frases coñecidas e empregámolas como lemas nalgúns dos nosos veleiros verdes.
https://photos.app.goo.gl/euGX7PGHAVStivwB7
Visionamos o fermoso conto do colibrí narrado pola propia Wangari.  Tamén seguimos con moito interese a historia do libro WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ.


Encantounos!!!
Xa estamos "ideando" a maneira de poñer a nosa semente para facer medrar un mundo máis verde e sostible.
En palabras de Wangari:
CANDO PLANTAMOS ÁRBORES, PLANTAMOS AS SEMENTES DA PAZ E AS SEMENTES DA ESPERANZA.


xoves, 19 de decembro de 2019

REFLEXIONAMOS SOBRE XOGOS E XOGUETES SEXISTAS

Hoxe nas nosas clases, a punto de rematar o trimestre e con campañas publicitarias, anuncios, folletos ou escaparates que nos enchen de imaxes con xoguetes, tivemos unha sesión coa profe Andrea adicada a comentar e reflexionar sobre igualdade na presentación dos xogos e xoguetes.
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
Houbo chuvia de ideas previas, comparación de catálogos da campaña actual e doutros anos, investigación por parellas, exposición da páxina escollida -entre as moitas atopadas- e valoración  dos resultados.
https://photos.app.goo.gl/SZPD4UU7ZcHq5zXWA
Tamén vimos e comentamos os seguintes curtos:
Rematamos coa lectura do conto "¿Dónde están las Reinas de Oriente?"

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 3º

O martes chegounos unha carta de Lampi convidándonos para este xoves á primeira xuntanza do CLUB DE LECTURA DE TERCEIRO co libro ANIMALIA 1.VERDE de Xosé Tomás publicado por Xerais.
O noso Club ten cincuenta membros porque TODAS AS NENAS E OS NENOS leron sen obriga o libro. A voz foi "correndo" e o cómic enganchou as dúas clases. E xa averiguamos que hai tamén un ANIMALIA 2. BRANCO que alguén xa está lendo...e haberá un ANIMALIA 3.
As profes Azu e Susana esperáronnos na biblioteca en dúas sesións. Falamos do libro, falamos de lectura, felicitáronnos pola enorme participación  e animáronnos a continuar así...
Ao rematar as xuntanzas recibimos uns agasallos moi especiais para compartir nas nosas aulas ou recantos: o libro "Con los vecinos" e un xogo LEGO.
https://photos.app.goo.gl/GYhfLiBiB3mqjSqA9
Foi tal o éxito que xa estamos "maquinando" cómo participar en novos Clubs de Lectura e conseguir máis contos e LEGOS para as nosas aulas.

mércores, 18 de decembro de 2019

CHARLA SOBRE SOROLLA


Hoxe fomos convidadas e convidados á asistir a unha charla organizada pola profe Pi e o alumnado de 2ºB sobre o pintor Sorolla.
Estivemos moi atentas e atentos. Sorprendeunos canta información tiñan sobre o pintor valenciano "Joaquín Sorolla e Bastida" con detalles da súa biografía e da súa extensa obra, tamén percorremos o mapa de España seguindo os seus pasos...Escoitamos que Sorolla tamén estivo en Galicia e ten obras con temática galega:

Os grupos de 3ºA, 4ºA e 4ºB asistiron á charla na biblioteca:
https://photos.app.goo.gl/igHwrWz8bRwPha6eA
O grupo de 3ºB asisitiu á charla na aula de 2ºB:
https://photos.app.goo.gl/igHwrWz8bRwPha6eA
Aplaudimos o seu traballo, o ben que o fixeron e agradecemos a súa invitación.
NORABOA!!!

martes, 17 de decembro de 2019

A NOSA SORPRESA


E chegou o día!


Preguntaban para que era aquela caixa e para que eran as fotos...e nós caladiñas e caladiños.


Hoxe, día da entrega dos boletíns informativos do trimestre ás familias, desvelouse a sorpresa:

Unha árbore feita con "pezas" que amosan os nosos mellores sorrisos.

Pero aínda había máis, un código QR:









O código enlazaba cun video que recolle os nosos mellores desexos para o ano 2020 coas felicitacións das nenas, dos nenos e das profes. Esperamos que vos guste e podades compartir a mensaxe.