venres, 13 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO

Propoñemos as seguintes tarefas para ir realizando durante a suspensión de actividades lectivas, moitas forman parte das nosas propostas diarias...

-Lectura diaria e algo de escrita: algún resumo, algún ditado, reescribir algunha noticia, inventar unha pequena historia ou facer un pequeno diario (ainda que só sexan unha ou dúas frases por día). Tamén pode ser divertido inventar un pequeno cómic que despois compartiremos (con tres ou catro viñetas poder ser suficiente).

-Repaso de táboas de multiplicar e operacións matemáticas básicas (suma, resta, multiplicación por unha e dúas cifras e división). Hai propostas lúdicas na parte esquerda do blog.

-Resolución de problemas como o caderno de clase que poden repasar. Temos entrada na parte esquerda do blog cos pasos de cada problema e instrucións.

-Hai tres entradas novas na parte dereita do blog con información e curiosidades animais sobre as que poden ler e investigar:

-Temos pendente a elaboración dunha ficha sobre unha muller importante na súa vida cotiá con debuxo ou foto e a redacción do texto en lingua galega con bolígrafo azul e boa caligrafía. Con todas as fichas elaborarase un libro. Clica para descargar a plantilla da ficha se a deixaches na clase ou queres facer unha nova. 

-Tamén quedou pendente buscar un posible nome para o novo horto escolar que despois votariase entre toda a comunidade escolar.

-Sobre o proxecto PLANTAS no blog temos un enlace con interesantes aportacións e un reto botánico:

temos os seguintes enlaces de interese:


É NOTICIA


Máis suxerencias

LUNS 16 de marzo:
CONTO coloreable da páxina  https://www.dalmaus.com/mision-quedarse-en-casa en castelán ou galego:
https://www.orientacionandujar.es/2020/03/16/colorear-cuentos-mision-quedarse-en-casa-un-cuento-infantil-en-tiempos-de-coronavirus/

Ideas para debuxar

MARTES 17 de marzo:
Lectura do texto e traballo oral coas imaxes.

MÉRCORES 18 de marzo:
Un chisquiño de canto e baile co seguinte curto:


xoves, 12 de marzo de 2020

LA SELVA DE LOS NÚMEROS

Hoxe divertímonos moito cunha sesión de animación lectora e  contacontos a cargo do actor e director de teatro Manuel Solla Barragáns. 
Esta actividade chega despois do traballo que realizamos co libro "LA SELVA DE LOS NÚMEROS" de Ricardo Gómez publicado por Santillana da coleción LOQUELEO, a quen debemos esta animación.
O libro encantounos, fixemos actividades de rimas, de velocidade lectora, de interpretación, de plástica...falamos de números.
Nas fotos recollemos momentos con actividades individuais, por parella, en equipos, tamén de actividades de interpretación, de debuxo, de rima...e rematamos con  MAXIA. Manuel Solla animounos a ser grandes lectoras e lectores, a "gardar palabras", a tratar con respecto os libros e a visitar as nosas bibliotecas.
https://photos.app.goo.gl/vW1AdefdFrgQwAJE6
Moitas e moitos de nós xa estamos disfrutando coa lectura de  Las hijas de Tuga 
Se tedes oportunidade, non deixedes de ler as divertidas historias das 52 fillas de Tuga.

mércores, 11 de marzo de 2020

RETO BOTÁNICO


Na visita ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o noso guía amosounos "unha semente moi especial" (1).
Contounos que tiña un aspecto pouco atractivo para non ser "papada" polos animais. Tamén apuntou que realmente as verdadeiras sementes estaban no seu interior. Trouxemos "a semente" ao cole para investigar...
Pasaron uns días,  foi secando e abriuse (2),  ata que do seu interior sairon as verdadeiras sementes -dúas sementes similares aos piñóns alados dun piñeiro, pero de cor escura- (3).
https://photos.app.goo.gl/oGnb5sM9TtYiCq1m7
A proposta consiste en observar, buscar, preguntar, comparar, investigar de que especie estaremos a falar. Ide comentando hipóteses...
Daremos noticias 😊

luns, 9 de marzo de 2020

8M - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Coa celebración do día 8 de MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA, nas nosas aulas levamos días reflexionando sobre a igualdade ante o traballo.
Limos e comentamos diferentes textos e presentacións.
Falamos de corresponsabilidade ante as tarefas do fogar e a igualdade de oportunidades.

A profe Andrea, o pasado venres e hoxe, presentounos unha actividade que nos mantivo moi atentas e moi atentos.
Comezamos cuestionando:
QUE SABÍAMOS SOBRE ESA DATA?
QUE RECORDÁBAMOS DOUTROS ANOS?
QUE SE CELEBRA E POR QUE É IMPORTANTE?
QUE TEMAS TRABALLAMOS PARA PROMOVER A IGUALDADE?

Despois completamos unha táboa con TAREFAS DO FOGAR sobre as persoas que colaboran máis nelas, comentamos e comparamos. Falamos do significado da palabra FEMINISMO que persigue a IGUALDADE entre mulleres e homes.
https://photos.app.goo.gl/MkyeNwWwTcD816rCA
O video "Barbie Brecha de sueños" tamén deixou un pouso, falamos de perseguir e buscar os nosos soños...e facelos realidade.

Rematamos a sesión, CANTANDO POLA IGUALDADE. Traballamos a letra da canción "Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil. Falamos de corresponsabilidade e de estereotipos, salario,  teito de cristal...Disfrutamos moitísimo escoitando a canción e, sobre todo, interpretándoa.
https://photos.app.goo.gl/MkyeNwWwTcD816rCA
Queremos que este traballo implique un pasiño adiante na igualdade efectiva e corresponsable de todas e todos e non se quede unicamete nunha data no calendario.


Agora imos buscar modelos de mulleres preto de nós e faremos un libriño coas nosas investigacións. 

Un libriño sobre mulleres que son importantes nas nosas vidas e que temos moi presentes...

Dentro duns días teredes noticias.

xoves, 5 de marzo de 2020

NANA PARA UN SOLDADO


Hoxe asistimos á representación teatral NANA PARA UN SOLDADO na sede FUNDACIÓN ABANCA. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS  protagonizada por PePablo Patinho,  Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que esquecer as súas diferenzas para facerse cargo do nacemento dun neno. 
Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e a necesidade de escoitarse e respectarse.

Foi moi divertida e o final resultou un pouco triste...na clase retomamos a historia e comentámola con interese.

"A guerra non é un lugar, a guerra non chega ou se vai, pero está aí...habita nos corazóns atrincherados e nas mentes con metralla"
https://photos.app.goo.gl/zBYnJWnPaZzUVthNA

mércores, 4 de marzo de 2020

CHISTES E MÁIS CHISTES


A proposta das nosas mascotas,  preparamos un libro con chistes.
Nas clases traballamos o chiste como texto curto e humorístico.
Cadaquén presentou alomenos un chiste en lingua galega, curto e sen empregar termos malsoantes ou despectivos, cada equipo tivo que escoller o chiste finalista para ilustar e rotular.
Non foi doado escolmar os seis chistes de cada grupo. Ter pouco texto e ter que ilustralos foron as condicións que determinaron o resultado.
As dúas follas de 3º forman  parte do libro presentado polo noso colexio...que marchou cara ao XXI Salón do Libro e regresará ao noso centro ao rematar.
Velaquí imaxes do noso traballo: