Na visita ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o noso guía amosounos "unha semente moi especial" (1).
Contounos que tiña un aspecto pouco atractivo para non ser "papada" polos animais. Tamén apuntou que realmente as verdadeiras sementes estaban no seu interior. Trouxemos "a semente" ao cole para investigar...
Pasaron uns días, foi secando e abriuse (2), ata que do seu interior sairon as verdadeiras sementes -dúas sementes similares aos piñóns alados dun piñeiro, pero de cor escura- (3).
A proposta consiste en observar, buscar, preguntar, comparar, investigar de que especie estaremos a falar. Ide comentando hipóteses...
Daremos noticias 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario