martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz para fomentar o repeto e a tolerancia entre persoas e unha cultura de non á violencia. 

Foron protagonistas tamén as pombas de Picasso acompañadas da música da canción Paz, paz, paz.

Premendo na imaxe teredes fotografías do acto.



venres, 27 de xaneiro de 2023

SÍMBOLOS DA PAZ

 En plástica, os nenos e nenas de 6º andiveron a profundizar na vida e obra de Picasso. 


Ademais de estar a traballar coas diferentes POMBAS que Picasso realizou ao longo da súa extensa obra. Creamos o noso propio símbolo da paz tomando como referencia a Gerald Holtom.












PAZ, PAZ, PAZ.












venres, 20 de xaneiro de 2023

OS CELTAS CHEGAN A 6º

 No segundo trimestre imos a traballar OS CELTAS

Nestes primeiros momentos estamos a investigar diferentes aspectos como:

- De onde proceden ?

- Os castros

- Poboación celta

- . . . 

O noso proxecto final será unha maqueta dun castro (estamos traballando nela nestes momentos)

Aquí vos deixo varios videos para saber máis sobre os celtas







POBOACIÓN E HISTORIA

 Ao longo desta semana, partindo dunha gráfica, estivemos a traballar de xeito cooperativo.

1. Analizamos individualmente a gráfica: datas significativas, picos importantes na gráfica, incrementos e decrecementos da poboación...

2. Poñemos en común os nosos achados: aparecen conceptos como baby boom, crecemento demográfico...

3. Debatimos: consecuencias na poboación das guerras mundiais, revolución industrial, gran depresión

4. Escribimos argumentando as nosas propias conclusións







Bo traballo ¡¡