sábado, 20 de outubro de 2018

CO OUTONO CHEGOU ANTÍO

Antío está xa no cole.
É outono e el sabe que o Magosto vén de contado. É tan larpeiro! Gústanlle moito as castañas.
Escribiunos pedindo receitas de castañas, imos escribirllas para que durante o inverno poida gozar do seu ingrediente favorito.

Antío tamén quere que deseñemos carteis. Xa veredes que preciosidades elaboramos!

martes, 16 de outubro de 2018

SEGUIMOS CO PROXECTO: EXPERIMENTAMOS CON FUNGOS.

Dentro do noso proxecto "As setas e os cogomelos", fixemos unha experiencia científica observando como se comportan os fermentos e fomos ao laboratorio a indagar sobre as diferentes partes das setas e dos cogomelos.
Recoñecedes entre as fotos as hifas e as esporas?








luns, 1 de outubro de 2018

COMEZAMOS CO PRIMEIRO PROXECTO! AS SETAS E OS COGOMELOS.

Os nenos e as nenas de 2ºA e 2ºB comezaron a investigar sobre as setas e os cogomelos.
Xa temos un montón de información e toda ela moi interesante. Hoxe compartimos a información en grupos de expertos e expertas e amosaron os seus traballos de investigación.