luns, 30 de novembro de 2020

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Monday, 30 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "FIVE SENSES".

venres, 27 de novembro de 2020

TITORIAL DE AXUDA PARA AULA VIRTUAL E VIDEOCONFERENCIA

Pasiño a paso, imos poñer en marcha a nosa aula virtual como un recurso máis que nos axudará na nosa actividade escolar e tamén para desenvolver a competencia dixital.

Na clase explicaremos como comezar nesta nova andaina. Ás familias darémoslles indicacións proximamente e mandaremos o nome de usuaria ou de usuario e as instrucións para poñer o contrasinal e acceder.

O próximo martes, día 1 de decembro pola tarde
, teremos un encontro por videoconferencia para comprobar as posibilidades de conectividade do noso alumnado. Os requisitos para poder conectarse mandarémosllos a cada familia. 

Este titorial pode axudarnos:

AS UNLLAS DE CORES. Reto final de semana

 
 

xoves, 26 de novembro de 2020

OS NOSOS BODEGÓNS

Preciosas composicións!😊😉

Noraboa pola vosa participación!!! 👏👏👏 

E velaquí a nosa versión en video con música:

BODEGÓNS DE 4º - Outubro 2020

REPARTO DAS TAREFAS. Reto do día

E seguindo coas temáticas da semana, hoxe o noso reto é unha palabra comentada e traballada estes días. Para resolvelo fixemos o reto co xogo do "aforcado":

Lembrade que no noso blog, situado a esquerda e debaixo do repaso de problemas, temos BUSCA PALABRAS con interesantes propostas: busca sinónimos, antónimos, rimas, crea encrucillados, sopa de letras e o xogo do "aforcadiño".

mércores, 25 de novembro de 2020

ANTÓNIMOS E SINÓNIMOS. Reto 25 N

O noso reto de hoxe viña cargado de letras para buscar SINÓNIMOS e ANTÓNIMOS da palabra violencia.

Sopa de letras coa que traballamos hoxe nas nosas aulas:

Anotamos, comentamos significados, separamos sílabas e marcamos a sílaba tónica.

Agora deixamos unhas propostas interactivas con sinónimos, antónimos e palabras polisémicas:

Sinónimos e antónimos 1 

Sinónimos e antónimos 2

Pasapalabras de sinónimos e antónimos  3

Palabras polisémicas 1

Palabras polisémicas 2

Animádevos a practicar e lembrade mandar as vosas respostas ao noso correo electrónico pequesvila@gmail.com
 

martes, 24 de novembro de 2020

O reto de hoxe foi un SUDOKU...pero un sudoku especial:

Colaborou toda a clase para resolverlo no tempo das merendas. Agora tamén o compartimos coas nosas familias.😉


luns, 23 de novembro de 2020

PALABRAS e máis PALABRAS

E no día da palabra...FAMILIAS DE PALABRAS.

Velaquí unhas actividades interactivas para practicar:

Familia palabras 1 con video explicativo.

Familia palabras 2 -arrastrar palabras para formar familias-.

Familia palabras 3 -seleccionar palabras e poñer a palabra primitiva-. 

Animádevos e podedes enviar as respostas ao noso correo pequesvila@gmail.com

23 de novembro: DÍA DA PALABRA

Hoxe, 23 de novembro, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA. Comentamos a necesidade de falar, de entenderse, de consensuar, de dialogar  para eliminar toda violencia.

Esta celebración queda en medio de outras dúas datas importantes: 20 de novembro -DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA- e 25 de novembro -DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO-. 
 
Seguimos insistindo na necesidade de RESPECTO, de DEREITOS e de DEBERES.

As tres datas son motivo de reflexión nas nosas aulas.
Comezamos cunha carta de LAMPI.
Traballamos cunha presentación sobre AS PALABRAS.
 
Tamén chegou un novo reto que completaremos en gran grupo:

xoves, 19 de novembro de 2020

MÁIS DOS SENTIDOS

Comezamos recordando as TRES FUNCIÓNS VITAIS*** e afondando na función de relación (entrada de hai uns días).

Recollemos información e traballamos cada sentido:

1.- SENTIDO DA VISTA

 
Vocabulario:

Pálpebras, cellas, pestanas e glándula lacrimal.

Córnea, iris, pupila, retina, cristalino e nervio óptico.


mércores, 18 de novembro de 2020

ARTE EN OUTONO

Esta semana no cole estamos investigamos arredor dos BODEGÓNS, tamén coñecidos como NATUREZA MORTA. 

Comentamos exemplos do máis variado e de  artistas galegas e galegos.

Agora compartimos a información coas familias e propoñemos unha actividade de colaboración familiar: realizar unha composición de "natureza morta" ou bodegón outonal que será fotografado e remitido ao noso correo-e pequesvila@gmail.com  para montar unha exposición virtual do cole.

Trucos para realizar un bodegón fotografado. 

Prazo de entrega: ata o mércores 25.

venres, 13 de novembro de 2020

E rematamos a semana tratando de averiguar un CÓDIGO SECRETO. Dádelle algunha voltiña e o luns comentamos. 😀😉

xoves, 12 de novembro de 2020

 
E hoxe o reto foi un xogo matemático...pensa, pensa...que valor pode ter un ourizo, unha castaña e unha folla para que os resultados das operacións coincidan. Ademais hai que averiguar o último resultado. ÁNIMO!!!

mércores, 11 de novembro de 2020

RECEITAS CON CASTAÑAS


Tempo de magosto, tempo de castañas...o venres será un MAGOSTO diferente. 

As merendas propostas para o venres consistirán en froita desta época, doces elaborados con produtos desta tempada ( castañas asadas, castañas cocidas, biscoito de noz, biscoito de mazá ou de cabaza...)

-----------------------------------------------------------------------------------

Nas clases traballaremos dous textos de receitas con castañas, unha en galego e outra en castelán. Esperamos que algunha familia, ademais de lelas, tamén se anime a cociñar.😋😋😋

Receita LG de BISCOITO DE CASTAÑAS

Receita LC de MAGDALENAS DE CASTAÑAS. (O MOUSSE DE CASTAÑAS?)

-----------------------------------------------------------------------------------

Chegan imaxes da elaboración dalgunhas das merendas do noso magosto. Preme no enlace do noso escaparate creativo:

AS NOSAS MERENDAS ESPECIAIS 

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Wednesday, 11 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "DESCRIBING PEOPLE".

Compartimos o reto que chegou hoxe as nosas clases. Encántanos os sudokus, temos unha entrada a esquerda do blog e practicamos con diferentes niveis de dificultade.

Outra proposta de SUDOKUS ONLINE

martes, 10 de novembro de 2020

Compartimos o reto que chegou hoxe as nosas clases. Nós adiviñámolo, escribímolo, debuxámolo...e queremos aprendelo de memoria 😉.

CONCERTO SINGULAR

PÍSCORE,  catro divertidos músicos,  chegaron hoxe as nosas aulas, cun CONCERTO SINGULAR, pero pola pandemia e a situación que estamos a vivir, foi un concerto streaming. Asistimos a  retransmisión dun concerto que os catro músicos realizaron para nós.

Foi un concerto moi divertido, unha proposta diferente cun instrumento especial -unha marimba enorme- que agora xa sabemos que é un instrumento de percusión con madeira de altura determinada.

Prestamos moitísima atención porque a profe Lola pedíunos que despois llo temos que contar...

luns, 9 de novembro de 2020

A profe Lola invítanos a visitar o blog de Música do noso cole CANTANDO BAIXIÑO.

Temos entradas con actividades que nos van "soar" un montón:

XOGANDO COS RITMOS

DANCE MONKEY

 

 

PREPARANDO O MAGOSTO

Chegou a carta que anuncia a próxima celebración do MAGOSTO.

Antío está xa no cole e leva unha máscara como debe ser nestes delicados tempos de loita contra a COVID-19.

Este curso todo será moi distino 😷😷😷...

Pero non perdemos a ilusión e comezamos a traballar sobre esta festa.

Iniciamos o traballo coa lectura da carta e unhas presentacións. Están colgadas no blog NOS TAMÉN DINAMIZAMOS. Lembramos moita información doutros anos, pero aprendemos máis...

Compartimos algunhas das propostas de aula, iremos engadindo ao longo da semana:

1. A CASTAÑA. Información sobre o froito para elaboración de mapa mental. 

2. A FESTA DO MAGOSTO. Texto expositivo que traballaremos na clase. Prepararemos a lectura na casa para mellorar a entoación e a velocidade lectora.

3. O MAGOSTO. Traballo a partir dunha lámina e invención dun pequeno conto.

4. O PRIMEIRO MAGOSTO. Texto con catro capítulos, interesa lelo na casa previamente. Retomaremos lectura e faremos a parte de comprensión lectora, encrucillado e vocabulario na clase.

venres, 6 de novembro de 2020

PIRÁMIDES E CADRADOS MÁXICOS

Matemáticas máis entretidas, traballamos cálculo mental, sumas, restas, multiplicacións...pensamos como resolver diferentes retos e propostas. 

Velaquí algúns exemplos:

Pirámides de sumas 1 (5)

Pirámides de sumas 2 (5)

Pirámides de multiplicacións 1 (5)

Pirámides de multiplicacións 2 (5)

 

Pirámides de sumas 3

Pirámides de sumas 4

Cadrados máxicos 1 (2)

Cadrados máxicos 2 (2)

Podedes escoller practicar online na parte esquerda do blog (sudokus e pirámides de sumas) ou papel nos enlaces anteriores, non precisades imprimir, podedes ir anotando nunha folla ou libreta. 

Lembrade: "practicando melloramos resultados".

OS CINCO SENTIDOS

Hai xa uns días que comezamos a lectura do libro SEMPRE TES QUE METER O NARIZ  cóntanos máis aventuras de Helena, Martiño e o señor Viramontañas.

Traballamos co primeiro capítulo titulado POÑAMOS OS CINCO SENTIDOS! 

E agora nós ampliamos información:

Aprendemos sobre a función de relación e os cinco sentidos:

Preme sobre a imaxe


O curto de Camaleón achéganos ao mundo dos sentidos dunha maneira moi divertida:


A partir da próxima semana veremos con máis detalle cada un dos cinco sentidos.

MÁIS SOBRE VOLCÁNS

 Unha historia apaixonante:

Traballamos un texto na clase e visionamos algúns videos que nos causaron moita curiosidade e interese.

Breve historia ilustrada:


1º.- Recreación virtual ANTES

2º.- Espectacular recreación da ERUPCIÓN  

3º.- Pompeia actual a vista de dron  

Paseamos pola Pompeia actual con Google maps

Máis curiosidades:

Que pasaría hoxe nunha posible erupción?

Alguén das nosas clases estivo en Pompeia. Para saber máis, preme no noso escaparate creativo.

martes, 3 de novembro de 2020

Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 de data Tuesday, 3 November 2020 con vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre "practise how to tell the time".