domingo, 31 de maio de 2020

PARABÉNS NO CONFINAMENTO MAIO

Durante o mes de maio celebraron o seu aniversario dúas compañeiras e dous compañeiros das nosas clases.
Para elas e para eles vai este pequeniño recordatorio e agasallo de todas e todos nós:

Solucións RETOS MATEMÁTICOS segunda quincena de maio

Tal como anunciamos, hoxe 31 de maio, preme para ver as solucións dos retos matemáticos propostos para a segunda quincena de maio. Noraboa a todas e todos os participantes. Comparade o voso traballo coas solucións. Non quededes con dúbidas. A próxima semana teremos máis...

venres, 29 de maio de 2020

XA CHEGARON AS ABELLAS!

Xa temos as primeiras abellas da proposta plástica quincenal. Chegaron "voando" e "zumbando" para quedarse entre nós:

Noraboa polos vosos traballos 👏👏👏
Animádevos!!! Tedes ata o venres 5 de xuño.

luns, 25 de maio de 2020

SEMANA DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Semana Internacional da Educación Artística (SEA) promovida pola UNESCO para sensibilizar á comunidade internacional sobre a importancia da educación artística; e promover a diversidade cultural, o diálogo intercultural e a cohesión social”.

Este ano vai do 25 de maio ao 31 

O lema 2020: “Transformar o presente, soñar o futuro»


E como agasallo a esta SEA presentamos as obras artísticas de 3º cunha  música especial para gozalas con moita ilusión:
MUSEO VIRTUAL 3ºA
MUSEO VIRTUAL DE 3ºA
MUSEO VIRTUAL 3ºB
MUSEO VIRTUAL 3ºB
A banda sonora escollida é unha versión instrumental de “WHAT A WONDERFUL WORLD” (Que maravilloso mundo), estrenada como canción jazz no ano 1967. A canción describe o gusto polas cousas simples do día a día e transmite optimismo con esperanza no futuro.

E para as profes Lola e Mª Jesús van adicados os seguintes videos:

Preme para escoitar a versión máis coñecida na voz de Louis Armstrong en karaoke e con tradución.

E agora preme para versionar a canción.

A tarefa artística da semana ten que ver coas abellas:

Presentaremos unha obra artística (debuxo, collage, manualidade, modelaxe en plastilina ou barro, pasta de papel, maqueta…) que teña como protagonista as abellas. Podédevos inspirar nos seguintes enlaces e fotos:
Aprende a debuxar abellas aquí ou aquí.
E aquí algunhas ideas en video:
Unha vez feita, mandamos unha foto ao noso correo do blog. Con todas as imaxes, que iremos subindo, faremos unha montaxe artística que compartiremos no blog. Temos de prazo ata o venres 5 de xuño.
Anímadevos, estamos desexando compartir máis “artistadas”.



Proposta quincenal: ABELLAS e o MEDIO AMBIENTE (1ª parte)

PRIMEIRA PARTE

O pasado 20 de maio celebrouse o DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS, instaurado polas Nacións Unidas para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas á que enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.

Estes días traballaremos arredor destes animais desde todas as áreas:
Comezamos con dous pequenos videos que nos falan da súa importancia:


Las abejas y las matemáticas, texto en LC  para ler con atención e contestar  a unhas preguntas que tamén podedes facer nunha folla ou libreta e logo envíar ao noso correo.
Tosco e as abellas, texto en LG para ler e contestar e logo envíar ao noso correo.

Repasamos as táboas de multiplicar e practicamos cun divertido xogo AHORA CAIGO

Investigamos e completamos o seguinte esquema:
https://drive.google.com/file/d/1MtK9DaQHavXeGrFVmYbSLqJA6QCAVDqh/view?usp=sharing
Unha vez cuberto, mandade a foto ao noso correo.
Para xente curiosa seguro que lle resulta de interese o seguinte información:
O morcego Roque. As abellas
Trata da historia e estudo das características e utilidades das abellas. E algunhas curiosidades

Proposta artística recollida noutra entrada.

Respiración e resistencia, actividades da profe de  EF que propón que escoitedes a respiración das abellas e que probedes a vosa resistencia como elas.
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com 

Danza como modo de comunicación das abellas, actividade proposta da profe Lola que comenta que a danza é unha expresión plástica coa que transmitimos sensacións e sentimentos. As abellas emprégana como método de comunicación entre a comunidade. Atrevédesvos a realizar unha sinxela coreografía imitando o voo das abellas? Podedes elixir unha melodía instrumental que vos apeteza e improvisar uns sinxelos movementos. Animádevos e mandade as vosas creacións.
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com

Neste enlace temos a proposta semanal da teacher Mª Jesús sobre BEES
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com


A tarefa proposta de Relixión pola profe Isa.
Correo-e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com

PROPOSTAS semana do 25 ao 29 de maio

1. Temos os retos matemáticos con  entrega ata o día 29 de maio. Colgaremos as solucións o día 31 de maio.
Retos segunda quincena de maio
Plantilla para anotar solucións


2. ACTIVIDADE CARTA DE AGRADECEMENTO. Esta actividade en lingua galega é unha proposta de centro que anunciamos en tokapp e ampliamos nunha entrada do blog. Prazo de entrega ata o luns 25 de maio.


3. RECOMPILACIÓN FOTOGRÁFICA sobre algún lugar de Galicia que teñades visitado ou que desexedes visitar. As fotografías virán acompañadas dunha pequena descrición da paisaxe ou dun pequeno pé de foto. Prazo de entrega martes 26 de maio.

4.  PRIMERAS SALIDAS
Propoñemos unha pequena redacción manuscrita dunhas oito/dez liñas en lingua castelá co papel vertical, coidando letra e presentación. 

Mandarase por correo-e:
-Unha foto da vosa redacción.

-Unha foto co voso debuxo da saída.
-Algunha foto vosa na saída.
Prazo de entrega ata o mércores 27 de maio.



5. ACTIVIDADE INTEGRADA sobre AS ABELLAS e o MEDIO AMBIENTE.
Trátase dunha actividade quincenal (25 maio - 5 xuño) con varias propostas de todas as áreas. Aparece detallada noutra entrada.

O profesorado especialista conta coa vosa participación. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está  o enlace coa nova proposta de Relixión Católica.
Correos para comunicarse coas profes especialistas:
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com


6. ACTIVIDADE SEMANA ARTÍSTICA, proposta con entrada propia.