1. Temos os retos matemáticos con entrega ata o día 29 de maio. Colgaremos as solucións o día 31 de maio.
Retos segunda quincena de maio
Plantilla para anotar solucións
Retos segunda quincena de maio
Plantilla para anotar solucións
2. ACTIVIDADE CARTA DE AGRADECEMENTO. Esta actividade en lingua galega é unha proposta de centro que anunciamos en tokapp e ampliamos nunha entrada do blog. Prazo de entrega ata o luns 25 de maio.
3. RECOMPILACIÓN FOTOGRÁFICA sobre algún lugar de Galicia que teñades visitado ou que desexedes visitar. As fotografías virán acompañadas dunha pequena descrición da paisaxe ou dun pequeno pé de foto. Prazo de entrega martes 26 de maio.
4. PRIMERAS SALIDAS
Propoñemos unha pequena redacción manuscrita dunhas oito/dez liñas en lingua castelá co papel vertical, coidando letra e presentación.
Mandarase por correo-e:
-Unha foto da vosa redacción.
-Unha foto co voso debuxo da saída.
-Algunha foto vosa na saída.
Prazo de entrega ata o mércores 27 de maio.
5. ACTIVIDADE INTEGRADA sobre AS ABELLAS e o MEDIO AMBIENTE.
Trátase dunha actividade quincenal (25 maio - 5 xuño) con varias propostas de todas as áreas. Aparece detallada noutra entrada.
O profesorado especialista conta coa vosa participación. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF e Inglés na esquina esquerda do blog con propostas novas, tamén está o enlace coa nova proposta de Relixión Católica.
Correo-e de EF: monicaobelleiro@gmail.com
Correo-e de Música: musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com
6. ACTIVIDADE SEMANA ARTÍSTICA, proposta con entrada propia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario