luns, 11 de maio de 2020

XXVIII CERTAME POÉTICO


Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional  Certame de poesía.  

Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos  que non desapareza axudando todas e todos?. A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en horizontal

Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS


1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua galega.

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo do noso blog pequesvila@gmail.com




Prazo entrega da poesía 22 de maio

Ningún comentario:

Publicar un comentario