Semana Internacional da Educación Artística (SEA) promovida pola UNESCO para sensibilizar á comunidade internacional sobre a importancia da educación artística; e promover a diversidade cultural, o diálogo intercultural e a cohesión social”.
Este ano vai do 25 de maio ao 31
O lema 2020: “Transformar o presente, soñar o futuro»
E como agasallo a esta SEA presentamos as obras artísticas de 3º cunha música especial para gozalas con moita ilusión:
MUSEO VIRTUAL DE 3ºA |
MUSEO VIRTUAL 3ºB |
A banda sonora escollida é unha versión instrumental de “WHAT A WONDERFUL WORLD” (Que maravilloso mundo), estrenada como canción jazz no ano 1967. A canción describe o gusto polas cousas simples do día a día e transmite optimismo con esperanza no futuro.
E para as profes Lola e Mª Jesús van adicados os seguintes videos:
Preme para escoitar a versión máis coñecida na voz de Louis Armstrong en karaoke e con tradución.
E agora preme para versionar a canción.
A tarefa artística da semana ten que ver coas abellas:
Presentaremos unha obra artística (debuxo, collage, manualidade, modelaxe en plastilina ou barro, pasta de papel, maqueta…) que teña como protagonista as abellas. Podédevos inspirar nos seguintes enlaces e fotos:
E aquí algunhas ideas en video:
Unha vez feita, mandamos unha foto ao noso correo do blog. Con todas as imaxes, que iremos subindo, faremos unha montaxe artística que compartiremos no blog. Temos de prazo ata o venres 5 de xuño.
Anímadevos, estamos desexando compartir máis “artistadas”.
Hola soy una de las creadoras de un vídeo que habéis compartido. Me ha hecho mucha ilusión ver qué un blog se fijaba en mi trabajo . Gracias por compartir y a vuestra disposición. No olvides que vivimos de suscripciones así que espero la vuestra . De nuevo mil gracias
ResponderEliminar