xoves, 25 de febreiro de 2021

TRABALLANDO CON FRACCIÓNS

Comezamos o traballo con fraccións. Toca facer partes dun todo, repartir unha empanada, unha tarta, unha barra, unha pizza...e diferentes figuras xeométricas.

Aprendemos que é unha fracción, o numerador, o denominador, como se escriben e como se len.

Repasamos cos videos seguintes:



Actividades interactivas para practicar:
 


Suma e resta con igual denominador

 

FRACCIÓN DUN NÚMERO


Preme nas seguintes actividades, fai as operacións precisas nun papel e completa as fichas interactivas para repasar o traballo destes días: 

Actividade 1

Actividade 2

Actividade 3



 

mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, celébrase
O  DÍA DE ROSALÍA 
para reivindicar a figura desta poeta da nosa terra.
Traballamos coa súa biografía, resolvimos entre todas e todos o seguinte Genially.

Na aula virtual temos unha presentación co material que traballaremos nos próximos días na clase.


luns, 22 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES LINGUAS

Seguimos traballando clases de palabras, analizando oracións e redactando pequenos textos en LC e LG.

Na aula virtual temos propostas de expresión escrita en LC e LG. Lembrade que as actividades teñen prazo de entrega.

Repasamos definicións e presentamos algunhas actividades interactivas:

 

1º .- SUBSTANTIVO

Clasificación de substantivos LC 1

Clasificación de substantivos LC 2 

Xénero e número LG 1

Xénero e número LG 2

Xénero e número LG 3 

2º .- ADXECTIVO

Adxectivo LC 1

Substantivos e adxectivos LC 2

Adxectivo LG 1 


 

 

 

3º .- VERBO

Persoa e número do verbo LC 1 

Tempo do verbo LC 2 

Conxugacións dos verbos LC 3 

Os verbos LG 1 

O verbo: persoa e número LG 2 

 


venres, 12 de febreiro de 2021

CELEBRAMOS UN ENTROIDO DIFERENTE

 Este venres 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Non foi coma todas e todos quixeramos, mais fixémolo que puidemos para divertírmonos. Algunhas nenas e algúns nenos ata se animaron a vir disfrazados da casa, outros optaron por seguilo mandado de Vilaverdiño e vir coma o galo nos dixo ao longo de toda a semana. Para as merendas trouxemos sobremesas típicas destas datas, escoitamos música de Entroido. Asemade, vimos unha montaxe virtual na que se lle fixo o xuizo da mascota, léronse as súas últimas vontades e cantáronselle as ladaíñas. 

Ogallá que todo sexa diferente o vindeiro ano, e podamos volver a compartir esta festa, co desfile de antano e con toda a comunidade educativa!











ENTREVISTA A JORDI SERRALLONGA EN ONDA CERO

Informamos que o vindeiro luns 15 de febreiro ás 13:10 emitirase en ONDA CERO (no programa Más de uno) a entrevista feita polo alumnado de 3º e 4º. Neste espazo radiofónico o arqueólogo Jordi Serrallonga reflexiona, coas nenas e cos nenos do noso centro, arredor do cambio climático. Pódeno escoitar en directo na 103.6 da FM ou a través da web www.ondacero.es (seleccionando escoitar a radio en directo e logo elixindo Pontevedra como cidade no menú).

Preme na imaxe para escoitar a entrevista.

mércores, 3 de febreiro de 2021


Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 - data
Wednesday, 3 February 2021
con  vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre  "WEATHER".


OBRADOIRO PRÁCTICO DE PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS

Hoxe tivemos a segunda parte do OBRADOIRO de PREVENCIÓN da DOR DE COSTAS. Estivo a cargo do fisioterapeuta Manuel Fraiz.

Quedaramos emprazadas e emprazados para poñer en práctica todo o que aprendimos na primeira sesión de XANEIRO, o que limos no folleto explicativo que se nos achegou e as instruccións do cartel que temos  na clase.

Revisamos como recoller obxectos do chan sen forzar as costas, como manter unha postura axeitada na cadeira, na lectura e na escritura. Por mor da pandemia e protocolo COVID non traballamos nin manipulamos mochilas.

Os malos hábitos teñen consecuencias na nosa saúde...así que intentaremos seguir levándoo á práctica todos os consellos recibidos.

UNHA TERRA COIDADA, UNHA TERRA EN PAZ

Presentamos a montaxe cos carteis e as reflexións do alumnado do noso cole sobre o cambio climático e os coidados da Terra. NORABOA POLO TRABALLO E A COLABORACIÓN DE TODAS E TODOS!!!

luns, 1 de febreiro de 2021

CURTA EFECTO PO2

Este luns estivemos vendo esta curtametraxe que relaciona dúas cousas que nos interesan moito: A nosa cidade e o cambio climático. Gustounos moito!