venres, 28 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos no cole o DÍA DE ROSALÍA porque o 24 de febreiro estabamos de vacacións. A semana pasada recibimos nas nosas clases uns sobres cunha mensaxe proposta por Lampi para compartir unha actividade de recitado coas compañeiras e os compañeiros de 1º de EP

Os grupos de 1ºA e 3ºA realizaron os seus recitados no corredor de 3º.
https://photos.app.goo.gl/YFa1GEgan7hdCAFr7


O grupo de 3ºB baixou á aula de 1ºB. Alí recitamos as poesías preparadas nas nosas clases. Estabamos un chisquiño nerviosas e nerviosos porque tiñamos un público moi especial e moi atento.
https://photos.app.goo.gl/PSREjbMDVyo7x2gp8
A actividade encantounos porque compartimos actividade con compañeiras e compañeiros doutro grupo, comprobamos que vale a pena esforzarse por facer un bo traballo e puxemos moito interese para facelo cada vez mellor.

Parabéns a todas e a todos!!!

mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA AO PARQUE DOS SENTIDOS

A continuación, achegámonos ao PARQUE DOS SENTIDOS situado na Granxa de Briz no concello de Marín.
Este parque, inagurado no ano 2011, conta con divertidos xogos, zonas de aventura, lagos, tobogáns, xogos na natureza, unha lagoa natural e  outra artificial.
Na animación PLANETA BRIZ do pontevedrés Jorge J. Costas temos unha divertida presentación do parque que nos encantou:


Aproveitamos para merendar e facer as nosas propias investigacións, curioseamos, localizamos  esculturas, xogamos, tirámonos por un enorme tobogán, trepamos, saltamos, tocamos diferentes instrumentos musicais, paseamos...
Foi moi divertido, pero soubo a pouco...voaron os minutos de "recreo".
Estamos desexando volver ou pedir as nosas familias  que nos leven.

VISITA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN


Hoxe, dentro do noso proxecto de PLANTAS, tivemos a enorme sorte de gozar dunha saída ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Ao principio, chamou a nosa atención a fachada e a escalinata do pazo, que unicamente poden verse desde fóra.

Alfredo acompañounos durante todo o percorrido, presentouse como traballador do centro e bombeiro forestal. Observamos e aprendimos moito coas súas explicacións durante toda a camiñata. Levaba unha caixa máxica da que, de cando en vez, saían diferentes obxectos curiosos coma sementes, insectos, follas -por ex. a do ginkgo-, unha torada de corticeira, resina...

Na finca destacamos o Xardín Botánico con varias fontes e unha grande variedade de especies árboreas e arbustivas, algunhas delas exemplares únicos como unha unha sequoia, unha cryptomeria xapónica, unha metasequoia, un cedrus libani, unha araucaria e algún castiñeiro oriental que aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.
Moitas curiosidades: a gruta dos espellos, unha mesa de 6 metros de granito dunha  peza -din que traida da Illa de Tampo- , o enorme invernadoiro de cristal, un hórreo con 16 pes...
Por certo, no invernadoiro poidemos identificar varias especies de plantas carnívoras.

Moita HISTORIA e moita NATUREZA por contar e por coidar.

Seguimos a sensibilizarnos co MEDIO AMBIENTE. Repasamos tamén o que estamos traballando nas nosas aulas e os "superpoderes" das plantas.
Recollimos diferentes sementes, follas, froitos do chan...
https://photos.app.goo.gl/hDjMWcdqrA3EohoY8
Clica sobre a imaxe para ver todo o álbum
A reportaxe gráfica é unha pequena mostra de todo o que este enorme espazo ofrece aos sentidos.
A visita resultou todo un éxito e o tempo soleado acompañounos como se fora xa primavera.
Grazas ao Centro e ao noso guía Alfredo.

sábado, 1 de febreiro de 2020

ESCOITAMOS AO NOSO PLANETA


Falamos, escoitamos...

PAZ que implica ESCOITAR para resolver conflitos e para axudar a coidar ao noso planeta.

Estes días nas nosas clases comentamos e debatimos arredor dunha escoita activa...

Reivindicaremos a PAZ coa canción O VELEIRO VERDE de María Fumaça que preparamos coa profe Lola...Encántanos!!!