venres, 28 de outubro de 2022

O MAGOSTO

 Este ano chegou ao cole O MAGOSTO. O principio non sabíamos se o tempo acompañaría pero, finalmente, conseguímolo.

Os nenos e nenas de 6º , fixérono moi ben, estamos todos moi orgullosos. Colaboraron activamente na celebración do MAGOSTO e, contribuiron a que fora un éxito.

Se pinchades na foto, podedes ver máis.


MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS


SODES ESTUPENDOS E ESTUPENDAS

24 de Outubro. Día da Biblioteca

 Celebrando o día da Biblioteca decidimos levar a cabo diferentes actividades que fomenten A LECTURA. Xa que un libro presenta moitas posibilidades; relaxación , aventuras ,  aprendizaxe...

Lectura compartida



Lecturas cos máis pequenos do cole 



UN LIBRO




Explicación do día da biblioteca e lectura de contos





Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración





venres, 21 de outubro de 2022

Charla da Policía Nacional

 Hoxe viñeron a escola duas parellas de policias para dar unha pequena charla en 6º sobre o 

CIBER - ACOSO. 






Moitas grazas

Xornal na escola

 Os nenos e nenas de 6º están a argallar como poder facer un xornal que interese a todo o alumnado do colexio. Están a crear diferentes seccións, a facer entrevistas, artigos de opinión, reportaxes...

E, nada mellor que contar coa experiencia dunha xornalista.

Queremos dar as grazas a mamá de dúas das nosas rapazas por vir ó cole e, darnos unha charla e algúns consellos, sobre o periódico.










Moitas grazas pola túa colaboración.

sábado, 15 de outubro de 2022

Quiz sobre EUROPA

 Con todos os coñecementos que xa estamos adquirindo sobre EUROPA, fixemos un panel robótico de preguntas e respostas.


Se pinchades na foto, podedes ver máis fotos.

Moitas grazas


SUXESTIÓNS LECTORAS

 Estes días estivemos na biblioteca co obxecto de propoñer diferentes recomendacións de lectura para os nenos e nenas do colexio.

É unha proposta que están a desfrutar moito.

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS












Están a facer un gran traballo !!!!!!