martes, 21 de decembro de 2021

CELEBRAMOS O NADAL NO COLEXIO

 Hoxe foi o último día do trimestre. Seguimos sen poder celebrar o Nadal coma nos gustaría, pero iso non impediu que gozásemos da xornada escolar con xogos, panxoliñas e diferentes actividades. Compartímosvos estas fotos! Agora toca descansar uns días! Pasádeo xenial durante estas vacacións! Bo Nadal!








mércores, 15 de decembro de 2021

VISITA DA ASOCIACIÓN OS PALLEIROS

Este mércores 15 de decembro viñeron visitarnos Gloria e Pili, membros da asociación OS PALLEIROS xunto con Neka, unha adorable cadeliña. A charla axudounos a tomar conciencia da importancia que teñen as mascotas nunha casa, do coidado que esixen e da responsabilidade que implican.
Gloria e mais Pili explicáronnos o labor que desenvolven como voluntarias en OS PALLEIROS.
 Moitas grazas pola visita e, sobre todo, polo traballo que desenvolvedes, de xeito altruísta e desinteresado, co fin de darlles unha vida digna a estes marabillosos animais.