xoves, 23 de xuño de 2022

ATA SEMPRE!

As mestras de 5º que nos imos do cole queremos despedirnos de vós. Foi un auténtico placer ser as vosas profes! Gozade do verán porque volo merecedes! un millón de apertas!
Mª José e Eva







 

mércores, 22 de xuño de 2022

 S UXESTIÓNS PARA O VERÁN 2022


Querida familia, as nenas e os nenos xa estamos de vacacións!!! Durante este curso traballamos e aprendemos moito e agora queremos divertirnos: queremos xogar, ler, cantar, pasear, facer deporte, ir a sitios diferentes, ...  Pero tamén imos dedicar un pouquiño de tempo diario a repasar e facer algunha destas tarefas e así poder rematar con éxito a etapa o vindeiro curso:


  • Ler moitísimo: novelas, historias, contos, noticias no xornal, cómics, revistas infantís, libros sobre algo que me guste, poesías, unha páxina web,...  Dominar a lectura é moi importante para aprender e estudar correctamente e a lectura só mellora con práctica. Suxerimos algún dos seguintes:

  • Escritura cotiá. Podo elaborar un diario persoal escribindo nel o que sentimos, pensamos, o que vemos, o que facemos, pegando algunha foto ou debuxo dun sitio que visitamos e narrando o que alí pasou, explicando unha noticia que nos contaron ou que sucedeu, resumindo un libro que lemos... Tamén podo facer un caderno con observacións acompañadas de debuxos (se me gusta debuxar). Teño que escribir cada día algo, coidando facer unha letra lexible, sen erros ortográficos. Podo escribir tipos diferentes de textos ou un único, o tipo que máis me guste: unha receita, unha carta, un conto, unha noticia, un cómic, podo escribir sobre as miñas preocupacións e emocións, unha información sobre un período histórico, sobre un personaxe importante,... Podo facer un libro de cómics, un libro de contos, un libro de poemas, un libro de receitas ou de chistes, unha novela de aventuras, unha investigación sobre algo que me guste, un caderno de noticias sobre o deporte, as viaxes, os sucesos do verán… Podo escribir tamén no ordenador e crear presentacións en power point ou impress ou simplemente con procesador de textos. 

  • Repaso de matemáticas: resolución de problemas, razoamento coa numeración, realización de cálculo. O cálculo só se automatiza se se practica moito. Para o vindeiro curso agárdanme operacións algo máis complicadas e teño que dominar ben as máis sinxelas. 

  • Práctica de xogos de mesa (xadrez, damas, bingo,oca, baralla, parchís, tres en raia, conecta, pictionary, dominó...) e pasatempos (encrucillados, sopas de letras, aforcado, pasapalabra, sudokus...) para que me axuden a atender, razoar, memorizar, a calcular rapidamente...


  • NO ORDENADOR podo facer actividades do Edixgal, da aula virtual, do blog de clase e do blog de recursos e tamén tarefas destas páxinas: 


XOGOS ONLINE


OUTRAS SUXESTIÓNS ESPECÍFICAS DE REPASO POSIBLES:

  • 10 sesiones para trabajar los contenidos básicos  5 (lengua y matemáticas). Editorial GEU (Grupo editorial Universitario)

  • 101 tareas para desarrollar competencias  5º (lengua y matemáticas). GEU.


Lingua:

  • Cuaderno de Lenguaje 5º. Ejercicios de lenguaje para preparar el paso a 6º. Editorial Edarca. 

  • Cadernos Lingua Galega Comprender e Aprender 5. Editorial Vicens Vives

  • Cuadernos Punto y aparte. Ortografía. nº 13 ao 18 Editorial Arcada

  • Mis juguetes las palabras y mi amigo el diccionario. Editorial MASPE. Nº 7, 8, 9.

  • Caderno de Ortografía de lingua galega. Edelvives/Tambre, nº 2 ao 10

  • Domina con Bruño la comprensión lectora. Cuadernos de lengua 15 (5º DE PRIMARIA). Editorial Bruño.

  • A camioneta da media risa Xogo de Lectura. LECTURA EFICAZ. Editorial Bruño 


Matemáticas:

  • Cuaderno de Matemáticas 5º. Ejercicios de matemáticas para preparar el paso a 6º. Editorial Edarca. 

  • Mis problemas favoritos. Cuaderno 5.1,  5.2, 5.3. Grupo editorial universitario

  • Caderno de matemáticas. Domina con Bruño. Nº 9, 10, 11, 13 

Inglés:

Temos no blog de inglés varios recursos para estar entretidas e entretidos durante o verán, ademais temos actividades para practicar moitos aspectos.


FELIZ VERÁN!

venres, 17 de xuño de 2022

VISITAMOS AS SALINAS DE ULLÓ

 O alumnado de 5º de primaria visitou as Salinas de Ulló, situadas no concello de Vilaboa. Esta enseada está considerada como zona de especial conservación pola Rede Natura. Neste lugar tamén se atopan restos de patrimonio histórico como a edificación nobiliaria da Granxa e o que queda das salinas do século XVIII. Foi a súa primeira excursión despois da pandemia! Pasárono xenial e aprenderon moitísimas cousas!