martes, 29 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA


Que mellor maneira de celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA que gozando da lectura, compartindo lectura e con agasallos lectores...

A profe Susana e dúas axudantes, Noa e Sara, da Biblioteca de Lampi achegáronse ás nosas aulas cun carriño cheo de libros con "historias de medo e Samaín" e deixáronnos escoller un título para compartir.

Tamén apareceu unha carta convidándonos a participar no Club de Lectura co libro ANIMALIA. 1.Verde. Estamos moi interesadas e moi interesados por asistir á primeira xuntanza. 

Rematamos mes "sorteando" lecturas e recibimos como agasallo unha morea de libros desde a nosa biblioteca de aula. Imos ler un montón nesta longa fin de semana...e farémolo porque LER INVITA A VOAR!!!

https://photos.app.goo.gl/ci3V7J7xhb6YkBGv7



venres, 25 de outubro de 2019

DICIONARIOS E XOGOS ONLINE

Na columna esquerda do blog incorporamos actividades lúdicas online para repasar as táboas de multiplicar e o reloxo.
Tamén está colgado un enlace cos problemas que traballamos no caderno de clase.

Na columna dereita están os enlaces para a busca de palabras nos dicionarios da RAE e da RAG.

mércores, 23 de outubro de 2019

TIPOS DE SERES VIVOS

Limos que os seres vivos viven nun medioambiente onde poden desenrolar as etapas do ciclo da vida. Os seres vivos caracterízan porque nacen, crecen,  reprodúcense e morren. Necesitan auga, alimento, aire e luz solar para sobrevivir. 
Buscamos diferentes maneiras de clasificar os seres vivos.
Atopamos que podíamos facer a clasificación en función do número de células...SERES UNICELULARES E SERES PLURICELULARES.

Na maioría das informacións falaba de cinco reinos: ANIMAIS - VEXETAIS- FUNGOS- ALGAS/PROTOZOOS e BACTERIAS.

Montamos un resume de cada reino sobre un enorme cinco que pegamos na nosa libreta.

luns, 21 de outubro de 2019

MAPAMUNDI: CONTINENTES E OCÉANOS

Traballamos co globo terráqueo e co planisferio ou mapamundi.  Aprendemos os nomes dos continentes e os oceános.
O rap dos continentes axudounos, de maneira divertida, a saber os nomes dos continentes.

luns, 14 de outubro de 2019

MEDIDA DO TEMPO - RELOXO


Video explicativo do reloxo analóxico e dixital. Horas e minutos.

Como medir o tempo?
Como ler o reloxo?
Que diferenza hai entre un reloxo analóxico e un reloxo dixital?
Recordamos o que sabemos.
Practicamos na clase a ler e marcar horas. Usamos diferentes cores para as agullas das horas e dos minutos.
Falamos do significado AM e PM.
Tamén practicamos cos xogos situados na marxe esquerda da pantalla.

xoves, 10 de outubro de 2019

REPRESENTACIÓN DA TERRA

Levamos xa días a voltas coas representacións ...

Falamos do globos terráqueos, planisferio, mapamundi, mapas, planos, Ecuador, polos, hemisferios, cartografía, relevo, escalas, lendas, símbolos, coordenadas, atlas...
Distinguimos e manexamos diferentes mapas físicos, mapas políticos e mapas temáticos (de comunicacións, metereolóxicos, demográficos...)

Os seguintes videos resumen algunhas das informacións traballadas en aula:



martes, 8 de outubro de 2019

CONCERTO DE SUSA HERRERA

O alumnado de primaria tivo a oportunidade de asistir ao concerto de SUSA HERRERA con cancións do último disco da triloxía de Cabárceno: "Rugidos y Canciones". Participamos con entusiasmo e pasámolo xenial como podemos ver, a continuación, nas fotos e o pequeno video de Camello Bactriano:
 
Máis videos no blog de 2º de EP

martes, 1 de outubro de 2019

PRIMEIRO PROXECTO DE CIENCIAS

Todos os informativos destes días comezan con algunha noticia relacionada co CAMBIO CLIMÁTICO.  
Ademais están de actualidade situacións metereolóxicas extraordinarias e de dramáticas consecuencias no noso país. 
Hai movilizacións "globais"demandando á atención das autoridades e dos gobernos para que tomen medidas e poder evitar perigos que nos afectaran nun futuro inmediato.
Comentamos os videos. Temos recortes con noticias e comezamos a recoller informacións. O proxecto do CAMBIO CLIMÁTICO xa esta en marcha e comeza a chuvia de ideas:
-Cambio, transformación
-Clima, tempo, furacáns, terremotos, tormentas, tsunamis
-Terra, capas, atmosfera, aire, ozono
-Polos, deserto, Antártida, mareas
-Seres vivos, extinción, adaptación 
-Contaminación
-Quentamento
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Todo esto sucede no noso planeta e precisamos, en primeiro lugar, coñecer os diferentes modos de representar a Terra para localizar os lugares nos que acotence o que imos lendo e investigando.

Eses fenómenos metereolóxicos dos que escoitamos falar ocorren na atmosfera, que tamén deberemos investigar.

Todos os seres vivos vense afectados por estes cambios. Animais? Plantas? Precisamos ampliar información...