venres, 29 de outubro de 2021

UN SAMAÍN DE MEDO

 Este venres celebramos o Samaín no CEIP Vilaverde. As nenas e nenos de 5° viñeron con peiteados medorentos do máis orixinal. Tamén houbo un desfile coas variñas que fixemos nas aulas. Grazas á colaboración das familias houbo  tempo para gozar dunhas merendas monstruosas. Compartimos convosco este día de ledicia e emoción para o noso alumnado.














luns, 25 de outubro de 2021

VISITA DA POLICÍA NACIONAL ÁS AULAS DE QUINTO

A Policía Nacional visitou as nosas aulas para falarnos da función que desenvolven na nosa sociedade. A charla centrouse na importancia de usar axeitadamente Internet. Asemade, expuxeron os perigos que podemos atoparnos na mesma. Explicáronnos que hai que dosificar o tempo adicado aos videoxogos. Faláronnos do ciberacoso e de adicións e enfermidades asociadas a un uso inapropiado da rede. Recomendáronnos ser moi prudentes cando interactuamos en xogos de tipo virtual (sobre todo se xogamos con persoas que non coñecemos persoalmente). Ensináronnos moitísimas cousas! 
Moitas grazas pola visita!