mércores, 20 de xaneiro de 2021

VISITA DA PINTORA TERESA IRISARRI VÁZQUEZ

No mes de decembro pasado, elaboramos as tarxetas imitando o estilo pictórico de TERESA IRISARRI VÁZQUEZ.

Todo o colexio traballou buscando inspiración na súa obra, preparamos exposicións polos corredores coas tarxetas dos diferentes niveis. Tamén se decorou a entrada para recibir a súa visita.

Tarxetas de 4ºA

Tarxetas de 4ºB

E hoxe recibimos con moita ilusión a súa visita no centro. Teresa Irisarri visitou todas as aulas e as diferentes exposicións. Tamén contestou ás preguntas que tiñamos preparadas. Agradecemos a súa visita e o tempo que nos adicou.

O alumnado de Infantil preparou e ilustrou a súa biografía que compartiu con todas e todos nós. Noraboa polo magnífico traballo 😉👏👏👏

Preme na imaxe para ver o video

 

 

OBRADOIRO PREVENCIÓN DESVIACIÓNS DO RAQUE

Hoxe asistimos a unha charla formativa para previr a aparición de dor nas costas.
Estivo impartido polo fisioterapeuta Manuel Fraiz da Unidade de Desviacións do Raque do Hospital de Montecelo.

Falamos da columna vertebral -raque-, das normas de hixiene postural e o papel fundamental que ten a actividade física regular na prevención desta dor.

Comprometímonos a poñer en práctica algúns dos consellos recibidos e contamos cunha próxima visita o próximo mes de febreiro.


martes, 19 de xaneiro de 2021

    Hai  nova entrada no blog ENGLISH 4 5 6 - data Tuesday, 19 January 2021 -  con  vocabulario, actividades, videos e tarefas online sobre  "PLACES AROUND TOWN".

  Na aula virtual tedes colgado un PDF co vocabulario que precisades aprender.

luns, 18 de xaneiro de 2021

DIVISIÓN CON DÚAS CIFRAS NO DIVISOR

Repasamos "tablas de multiplicar", as partes dunha división e a división cunha cifra no divisor.

E xa coas pilas cargadas, despois das vacacións de Nadal, comezamos a dividir con dúas cifras no divisor.

 

Seguimos, paso a paso, as indicacións do material explicado na clase. Na esquerda do blog, debaixo dos problemas, temos as explicacións e as páxinas de exercicios que estamos resolvendo nas nosas aulas.

O seguinte video tamén pode axudarnos:


martes, 12 de xaneiro de 2021

RECTAS E ÁNGULOS

Estes días recordamos algunhas cousiñas sobre rectas, segmentos e ángulos do curso pasado...e aprendemos algunha máis. 

Repasamos cos seguintes videos comentados na clase:

E tamén practicamos con algunha ficha interactiva:

Rectas, semirrectas e segmentos

Tipos de rectas 

Rectas e ángulos 1

Rectas e ángulos 2