xoves, 30 de abril de 2020

PARABÉNS NO CONFINAMENTO MARZO E ABRIL

Desde que deixamos o cole por mor do confinamento, alá polo día 13 de marzo,  dúas nenas e dous nenos das nosas clases quedaron ser recibir os nosos parabéns e as nosas apertas o día do seu aniversario.
Para elas e para eles vai este pequeniño recordatorio e agasallo de todas e todos nós:
https://drive.google.com/open?id=1LG8AaZzmzSQs4dWknv5YNE9mk6l5whtW

Esperamos celebrar estes aniversarios e moitos máis...

"DESDE MI VENTANA"

Hai algúns días, cando nin un chisquiño podíamos saír, propuxemos unha actividade para compartir entre todas e todos nós.
Seguimos nas nosas casas, en tempos de confinamento polo famoso COVID 19, pero comunicándonos a cotío...seguimos formando un gran grupo de nenas e nenos que miramos ao futuro próximo no que volveremos a estar xuntas e xuntos no cole.
Mentres, as fiestras permítennos ver o que hai fóra e ata "comunicarnos".
Durante este confinamento tan duro, as nenas e os nenos de 3º observaron pola fiestra e viron unha morea de cousas que nos contan nas xanelas que a continuación se presentan. Ben feito!

mércores, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe, mércores 29 de abril, é o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA e podemos celebralo en tempo de confinamento bailando. 
Invitamos, especialmente hoxe, a visitar o blog de Música
Ás doce está previsto un concerto en directo do grupo PESDELÁN pola canle YOUTUBE.

martes, 28 de abril de 2020

HISTORIAS CO RATIÑO DE GIANNI RODARI

PROPOSTA DE CENTRO

Podemos compartir unha actividade de escritura coa clase e en familia.

Este ano é o centenario do nacemento de Gianni Rodari ilustre escritor,mestre, pedagogo e xornalista italiano. Sería bo que partindo deste anaquiño de relato da súa obra “Contos por teléfono”:


Un ratiño dos cómics, cansado de vivir entre as páxinas dun xornal e desexando cambiar o sabor do papel polo do queixo, deu un bo salto e atopou… 

Elaboremos un contiño ou unha historia, ilustrando o que nos apeteza, para que despois fagamos o libriño conxunto “Escribimos historias co ratiño de Gianni Rodari”.

Como imos facer?

1. Que cada nena, neno coa familia empece escribindo o anaquiño do relato que esta en vermello e continúe a historia como desexe (8-10 liñas). Escribiríano e engadirían  un debuxo relacionado co conto escrito. Faríamos ese traballo nunha folla vertical para facilitar a montaxe conxunta.

2. Unha vez rematado, mandaremos o redactado  co debuxo ao correo do noso blog


Prazo de entrega venres 8 de maio.

PROPOSTAS semana 27 ao 30 de abril

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.

1.Temos xa o video de FAMILIAS LECTORAS e propoñemos actividades coa letra da canción VIVIR de Rozalén.


2.   A proposta cos retos matemáticos segunda quincena de abril sigue ata o xoves 30 de abril. Recibimos xa por correo gmail as fotos de nenas e nenos que remataron os 11 retos...esperamos a vosa participación. Son retos de repaso, o día 1 de maio daremos as solucións.
Retos segunda quincena de abril 
Plantilla para anotar solucións
Non esquezades repasar cálculo e pronto teremos unha proposta matemática moi entretida.


3. Temos aberta a proposta de LIBROS FAVORITOS. Recordamos que para participar nesta actividade precisamos dúas fotos: 
-Unha foto vosa co libro favorito na que se vexa a portada.
-Unha segunda foto do traballo escrito coas razóns polas que é o voso libro preferido -coidando letra e presentación-
O prazo está posto ata o mércores 29.



4. Temos aberta a proposta presentada a semana pasada DESDE  MI  VENTANA 
Recordamos, serían dúas fotos: 
-Unha foto vosa co mellor sorriso coa ventá por exemplo 😍
-Unha foto da vosa redacción coidando a presentación e a caligrafía.
Prazo de entrega ata o xoves 30 de abril.


5.  Na columna esquerda do blog temos "xogos en familia", esta semana incorporamos unha divertida XINCANA LITERARIA



6.Escribimos historias co ratiño de Gianni Rodari”. 
Trátase dunha actividade de centro. A proposta detallada aparece nunha entrada aparte e mandámola por tokapp.


7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog, onde tamén está  o enlace da profe de Relixión Católica.
Correo-e de Música:musicavilaverde@gmail.com
Correo-e de Inglés: vilaverdeenglish@gmail.com
Correo.e de Relixión: Relivilaverde@gmail.com



luns, 27 de abril de 2020

Video FAMILIA LECTORAS

Xa temos o video da nosa terceira actividade conxunta: QUEDAMOS NA CASA! 3 - FAMILIAS LECTORAS

https://drive.google.com/file/d/1IrOvV7xlUitI5xbpUrFqaz77PiDCHK_e/view?usp=sharing

Esta vez para celebrar o DÍA DO LIBRO. Compartimos a montaxe coas imaxes remitidas por moitas familias con fotos individuais, en parella ou grupo...e sorpresa final.

Esta vez, empregamos como banda sonora unha canción moi coñecida VIVIR de Rozalén.
Clicando no seguinte enlace: letra da canción, tedes o texto da canción. Podedes traballar o texto, reescribila, buscar o significado do vocabulario novo e tamén facer unha listaxe con alomenos dez palabras trisílabas.

Esta é unha versión karaoke da versión clásica coa lingua de signos  😉


Agradecemos ás familias a colaboración prestada nesta actividade. Esperamos que vos guste.


FORZA e ÁNIMO!!!
Con moitos agarimos das vosas profes de 3º😍😍 

sábado, 25 de abril de 2020

ESCAPARATE CREATIVO

https://escaparatevilaverde.blogspot.com/
Desde hai uns días temos instalado, debaixo do noso faladoiro, todo un mundo de ilusións.
As nosas compañeiras e os nosos compañeiros están mandando moitas fotos, videos, debuxos, traballos, inquedanzas, xogos, actividades, noticias... para que poidamos  compartilas.
Só tedes que premer sobre a imaxe e podedes gozar coas noticias das vosas compañeiras e dos vosos compañeiros.
Temos xa programa de radio, mascotas, saúdos sen mans, debuxos, macetas autorregables...

Podedes participar, se vos apetece, mandando as vosas aportacións ao noso correo pequesvila@gmail.com e visitalo de cando en vez.

venres, 24 de abril de 2020

DESCONFINAMENTO. PRIMEIRAS SAÍDAS CONTROLADAS...

Preme sobre a imaxe seguinte e podes ver un conto no blog de valores do cole que axuda a explicalo.
 http://xianadecide.blogspot.com/2020/04/conto-para-explicar-desconfinamento.html
A partir deste domingo 26 de abril, con moito coidado e precaución, ides poder saír un chisquiño a rúa acompañados e seguindo recomendacións:

Debemos ser moi coidadosas e coidadosos.

xoves, 23 de abril de 2020

23 de abril - DÍA DO LIBRO


Hoxe daremos unha volta por un blog do cole para celebrar esta data tan especial:
Está cargada de libros que podedes gozar desde as vosas casas. 
Ánimadevos!!! 

Tamén deixamos como agasallos no noso blog historias coas que seguro gozares:

https://drive.google.com/file/d/1Q-WJDaaKWaIFqfMtqfEcuh24wRBHPlJj/view?usp=sharing


mércores, 22 de abril de 2020

22 de abril - DÍA DA TERRA

Celébrase o 50 aniversario da conmemoración anual do DÍA DA TERRA, o 22 de abril, festividade  creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer ao noso planeta. 
Con esta celebración preténdese aumentar a preocupación polo medio ambiente  e os problemas ambientais. 
Nós relacionamos esta preocupación con temáticas traballadas no primeiro e no segundo trimestre: cambio climático, enerxías, reciclado...

Podemos  facer un MUNDO MELLOR, coas TRES ERRES:

R - REDUCIR
R - REUTILIZAR
R - RECICLAR

Comenta en familia: Que estamos facendo xa? Que podemos facer desde as nosas casas?

A profe Lola mándanos esta canción para vós:
Anímádevos a bailala e cantala seguindo o texto do video. 😉

luns, 20 de abril de 2020

PROPOSTAS semana 20 ao 24 de abril

Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do blog e do centro.


1.  Temos a montaxe das receitas e propoñemos actividades coa letra da canción Resistiré.

2. Coas aportacións recibidas  ata o mércores 22 da proposta de centro FAMILIAS LECTORAS prepararemos sorpresa para celebrar O DÍA DO LIBRO. Estade atentas e atentos...Cada día imos subindo as imaxes recibidas e montadas en diapositivas. 
 
3.   A proposta cos retos matemáticos segunda quincena de abril sigue ata o día 30 de abril. Recibimos xa por correo gmail as fotos de nenas e nenos que remataron os 11 retos...esperamos a vosa participación. Son retos de repaso, o día 1 de maio daremos as solucións.
Retos segunda quincena de abril 
Plantilla para anotar solucións


4. Temos aberta a proposta de LIBROS FAVORITOS ata o mércores 29. Recordamos que para participar nesta actividade precisamos dúas fotos: 
-Unha foto vosa co libro favorito na que se vexa a portada.
-Unha segunda foto do traballo escrito coas razóns polas que é o voso libro preferido -coidando letra e presentación-
Xa chegaron as primeiras participacións e iremos engadindo día a día. 

5. Unha suxerencia artística. Clicade no seguinte enlace:
Coas miñas mans
A que invita a facer algunha artistada...😉😊


6. Suxerimos unha actividade escrita dunhas oito/dez liñas, escrito a man, coidando letra e presentación en lingua castelá.
Título: DESDE  MI  VENTANA 
Todas e todos nós seguimos nas nosas casas esperando que mellore a situación e poidamos saír...Temos fiestras desde as que vemos. Que vemos? Mirade, observade, contádeo e compartilo.
Serían dúas fotos:
-Unha foto vosa co mellor sorriso con ventá por exemplo 😍
-Unha foto da vosa redacción.
Veredes como aplaudimos cando teñamos todas esas vistas xuntas e ademais sexan unha grande anécdota porque PODEREMOS SAÍR PRONTO. 😉
Prazo de entrega ata o xoves 30 de abril.

7. Podedes acceder directamente aos blogs de Música, EF  e Inglés na esquina esquerda do blog, onde tamén está  o enlace da profe de Relixión Católica.

Video receitas - QUEDAMOS NA CASA! 2

Xa temos o video da nosa segunda actividade conxunta: QUEDAMOS NA CASA! 2
Compartimos a montaxe coas imaxes das cociñeiras e dos cociñeiros  de 3º que con ilusión e moito esmero resisten nas súas casas:
https://drive.google.com/file/d/1vPKyHCOx2Vg9cSzLuHACndfIakQkDNbb/view?usp=sharing

Esta vez, empregamos como banda sonora unha das cancións máis populares nestes días de confinamento. Trátase da canción Resistiré - versión 2020
Clicando no seguinte enlace: letra da canción, tedes o texto da canción e o nome dos artistas que interpretan a versión. Podedes traballar o texto, reescribila, buscar o significado do vocabulario novo e tamén cambiar o tempo da canción (por exemplo, escribir a canción cos verbos en presente)
Esta é unha versión karaoke da versión clásica coa lingua de signos  😉

Temos tamén unha versión coreografiada no blog de EF. Igual alguén se anima a facer foto ou video e pode mandarlle unha mensaxe no seu correo-e.


Agradecemos ás familias a colaboración prestada nesta actividade. Esperamos que vos guste.

Vai por todas as nenas e os nenos de 3º que resisten nas súas casas e desexan o pronto regreso ás nosas aulas!

FORZA e ÁNIMO!!!
Con moitos agarimos das vosas profes Mª José e Maite😍😍 

mércores, 15 de abril de 2020

FAMILIAS LECTORAS


20200415 .- Noraboa a Candela, Omar, Yago, Natalia, Caetano, Cibrán, Luana, Pablo, Carla e Inés que nos presentan os primeiros momentos lectores da semana 👏👏👏

20200416 .- Parabéns a Inés,  Clara, Alexis, Luca, Raquel e Noa  que nos presentan os seus momentos lectores 👏👏👏

20200417 .- Hoxe felicitamos ás familias de Martín, Carmela, Ana, Manu, Aldara, Pablo, Jimena e Sergio pola súa participación.👏👏👏

20200420 .- Hoxe felicitamos ás familias de Mariña, Dani, Marco, María, Mateo, Roque e Sabela pola súa participación.👏👏👏

20200421 - Hoxe felicitamos ás familias de Alicia, Loreto, Vera e Tsion pola súa participación.👏👏👏

20200422 - Hoxe felicitamos ás familias de Carla M., Hugo, Carla J., Jimena, Martín, Amira, Clara, Nerea, Naiara, Esther, Mario, Cristina, Adael e Xan pola súa participación.👏👏👏

Animamos a seguir enviando esas fotos de lectura individual ou familiar. Ata podedes mandar máis dunha...sabemos que hai moitas lectoras e moitos lectores entre vós 😉😉😉. Temos de prazo ata o día 22 de abril.

Fotos do albúm Familias lectoras

martes, 14 de abril de 2020

Lectura. QUEDAMOS NA CASA! (3)

No mes de abril celebramos o DÍA do LIBROPropoñemos unha nova actividade de centro titulada "Familias lectoras". 

Como quedamos na casa a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia. Cadaquén co formato que máis lle guste (libro, cómic, receitas, xornal, libro dixital...) e o lugar onde máis  goce con esa lectura.

Para iso, se vos apetece colaborar:
1.- Poñeredes  un título á  foto e colocaredes os datos da lectura que estades a facer.
2.- Remitiredes -se é posible antes do 22 de abril- título, foto e datos da lectura ao correo do noso blog.

E nunha segunda parte, de lecturas favoritas:
3.- Unha foto do libro que máis vos gusta, na que saiades vós co mesmo véndose a portada.
4.- Unhas líneas escritas coas razóns polas que é o voso libro favorito.

Remitiríanse as dúas imaxes -se é posible antes do 29 de abril-. 

ANIMÁDEVOS!!! 👀


Nós compartiremos e celebraremos no blog todas as vosas aportacións e coñeceremos os vosos gustos lectores.

AVISOS semana 14 ao 17 de abril



Aportamos novas SUXESTIÓNS e recordamos que seguimos en contacto. Temos a vosa disposición o chat do faladoiro e os correos do centro e do blog.

Coas receitas recibidas ata o venres 17 preparamos sorpresa. Estade atentas e atentos...
 
Propoñemos uns pequenos retos matemáticos de repaso para a última quincena do mes de abril. O día 1 de maio colgaremos as solucións. Preme sobre os seguintes enlaces:
Retos segunda quincena de abril 
Plantilla para anotar solucións


Para ler, reflexionar,  investigar, escribir, expresar emocións... en tempos de confinamento. Clica sobre a seguine imaxe:
https://drive.google.com/file/d/1jmAx6aTaPU_4IEFpRi64NCr0uROzNhKQ/view

Unha infografía interesante para ver, ler e comentar en familia 😷:
https://drive.google.com/file/d/1v1ggFIIj20FpBVsUibsBliS1TiGslc0X/view?usp=sharing
Preme para vela mellor
Unha receita moi especial, se alguén se anima ata o final...igual pode mandarnos algunha foto cos resultados 😃😉
https://drive.google.com/file/d/1A8fC3DM-6LXMUVXvqqaRug-kefV1ENm1/view?usp=sharing
Preme para vela mellor ou descargala

Se buscamos ideas para traballar a expresión oral, podemos fabricar os "instrumentos" necesarios e xogar de maneiras diferentes coas propostas do enlace anterior.

Nos blogues de Música, Inglés, Educación Física tamén atoparedes suxestións con diferentes actividades.