xoves, 19 de decembro de 2019

REFLEXIONAMOS SOBRE XOGOS E XOGUETES SEXISTAS

Hoxe nas nosas clases, a punto de rematar o trimestre e con campañas publicitarias, anuncios, folletos ou escaparates que nos enchen de imaxes con xoguetes, tivemos unha sesión coa profe Andrea adicada a comentar e reflexionar sobre igualdade na presentación dos xogos e xoguetes.
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
https://photos.app.goo.gl/xdhY3tabJrKXqoYh6
Houbo chuvia de ideas previas, comparación de catálogos da campaña actual e doutros anos, investigación por parellas, exposición da páxina escollida -entre as moitas atopadas- e valoración  dos resultados.
https://photos.app.goo.gl/SZPD4UU7ZcHq5zXWA
Tamén vimos e comentamos os seguintes curtos:
Rematamos coa lectura do conto "¿Dónde están las Reinas de Oriente?"

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 3º

O martes chegounos unha carta de Lampi convidándonos para este xoves á primeira xuntanza do CLUB DE LECTURA DE TERCEIRO co libro ANIMALIA 1.VERDE de Xosé Tomás publicado por Xerais.
O noso Club ten cincuenta membros porque TODAS AS NENAS E OS NENOS leron sen obriga o libro. A voz foi "correndo" e o cómic enganchou as dúas clases. E xa averiguamos que hai tamén un ANIMALIA 2. BRANCO que alguén xa está lendo...e haberá un ANIMALIA 3.
As profes Azu e Susana esperáronnos na biblioteca en dúas sesións. Falamos do libro, falamos de lectura, felicitáronnos pola enorme participación  e animáronnos a continuar así...
Ao rematar as xuntanzas recibimos uns agasallos moi especiais para compartir nas nosas aulas ou recantos: o libro "Con los vecinos" e un xogo LEGO.
https://photos.app.goo.gl/GYhfLiBiB3mqjSqA9
Foi tal o éxito que xa estamos "maquinando" cómo participar en novos Clubs de Lectura e conseguir máis contos e LEGOS para as nosas aulas.

mércores, 18 de decembro de 2019

CHARLA SOBRE SOROLLA


Hoxe fomos convidadas e convidados á asistir a unha charla organizada pola profe Pi e o alumnado de 2ºB sobre o pintor Sorolla.
Estivemos moi atentas e atentos. Sorprendeunos canta información tiñan sobre o pintor valenciano "Joaquín Sorolla e Bastida" con detalles da súa biografía e da súa extensa obra, tamén percorremos o mapa de España seguindo os seus pasos...Escoitamos que Sorolla tamén estivo en Galicia e ten obras con temática galega:

Os grupos de 3ºA, 4ºA e 4ºB asistiron á charla na biblioteca:
https://photos.app.goo.gl/igHwrWz8bRwPha6eA
O grupo de 3ºB asisitiu á charla na aula de 2ºB:
https://photos.app.goo.gl/igHwrWz8bRwPha6eA
Aplaudimos o seu traballo, o ben que o fixeron e agradecemos a súa invitación.
NORABOA!!!

martes, 17 de decembro de 2019

A NOSA SORPRESA


E chegou o día!


Preguntaban para que era aquela caixa e para que eran as fotos...e nós caladiñas e caladiños.


Hoxe, día da entrega dos boletíns informativos do trimestre ás familias, desvelouse a sorpresa:

Unha árbore feita con "pezas" que amosan os nosos mellores sorrisos.

Pero aínda había máis, un código QR:









O código enlazaba cun video que recolle os nosos mellores desexos para o ano 2020 coas felicitacións das nenas, dos nenos e das profes. Esperamos que vos guste e podades compartir a mensaxe.

sábado, 14 de decembro de 2019

OS NOSOS AMULETOS

Pasou a exposición e tiñamos moita ilusión por levar os amuletos as nosas casas. Antes fixemos unhas fotos para preparar as montaxes de recordo, compartímolas con entusiasmo:

martes, 10 de decembro de 2019

TRABALLANDO CO PLANO DE PONTEVEDRA

E agora tocou traballar co plano da nosa cidade. Non aparecen a maioría das nosas rúas porque vivimos un chisquillo fóra do centro, pero a actividade mantivo toda a nosa atención. Buscamos, localizamos, interpretamos...cantas rúas coñecidas, cantos lugares coñecidos, canto por curiosear...
Seguimos atentamente instruccións para facer un xogo de busca en plano e conseguimos os retos propostos.

10 de DECEMBRO - DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

https://www.un.org/es/udhrbook/
Hoxe nas nosas clases recordamos que hai 71 anos na ONU aprobouse a Declaración Universal dos  Dereitos Humanos (DUDH), documento que recolle en 30 artigos os dereitos humanos considerados básicos. 
Comentamos e debatimos sobre algúns deles a partir dalgunhas imaxes e ilustracións:

luns, 9 de decembro de 2019

AS NOSAS FUNCIÓNS VITAIS

E de todos os seres vivos, os que nos causan máis interese somos precisamente nós. De ahí que comezamos relacionando as tres funcións vitais cos órganos que nos axudan a realizalas:

xoves, 5 de decembro de 2019

ANIMAMOS A LER

Esta historia cautivounos desde o principio. Fomos lendo cada capítulo durante dez xornadas como un "descanso" no traballo...
O libro trata das aventuras de dez calcetíns e calcetinas, catro dereitos e seis esquerdos que decidiron fugarse da lavadora e percorrer mundo.
Tamén aproveitamos as historias para traballar expresión oral, vocabulario e recollimos o resumo nunha táboa.








Co gallo do Samaín e das "historias de medo" gozamos das aventuras da "nena zombie" Mortiña que chegou as nosas aulas. Houbo comprensión lectora, descricións, debuxos...
E moitas e moitos de nós mercamos os libros para seguir as súas aventuras.









A historia de bruxa regañadentes, que recordamos doutros anos, tamén trouxo "medo" ao tempo de Samaín. seguimos a historia con interese e traballamos o resumo.

25 N - HISTORIAS QUE NOS FAN PENSAR...

Hoxe a profe Andrea contounos dúas historias fantásticas que nos fixeron reflexionar e relacionar contra o maltrato de xénero e o dereito a igualdade.
O conto de "OVIÑA EN OVILANDIA" -Ovilandia, país en igualdade, cambia cando é invadida por uns estraños seres de Patriarc...- e a divertida historia de "LAS PRINCESAS LLEVAN PANTALONES" -princesa do século XXI que, ademáis de coroas e vestidos rosas, tamén leva pantalóns...-
Gustáronnos moito as historias. Grazas profe 😉
https://photos.app.goo.gl/igfnLPdaJyBFFBcR9
Preme para ver máis imaxes

PREPARAMOS AS TARXETAS DE NADAL

Semana do 2 ao 5 de decembro:
Comezamos revisando o que aprendimos o venres sobre Miró e vimos en pantalla unhas animacións con elementos "mironianos":
Vimos tamén algunhas ilustracións en libros de arte e na rede. Empregamos diferentes técnicas: collage,  incorporar elementos típicos dos cadros de Miró referidos a corpo-cabeza-ollos-nariz-engadidos varios seguindo "a sorte" cun dado, fondos en acuarela, rotuladores, ceras...
https://photos.app.goo.gl/cnG8YcMz5BDuKHBk8
Os resultados sorprendentes e vistosos poderemos compartilos nuns días.
Traballamos moito coa nosa IMAXINACIÓN.

A NOSA CONSTITUCIÓN

Seguimos con dereitos e deberes...e chegamos a unha NORMA para todas e todos como é a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA.  Mañá, 6 de decembro, será o seu 41 aniversario e nas nosas clases traballamos sobre ela.

Recordamos o que aprendimos sobre España e as súas Comunidades Autónomas. Falamas de símbolos, idiomas...e novamente de dereitos e deberes.





PRESENTACIÓN SOBRE OS SERES VIVOS

https://photos.app.goo.gl/pYgc4ujKej7kghMA9
Hoxe na clase de 3º B, unha vez clasificados os seres vivos en cinco tipos ou reinos, nos agardaba unha sorpresa organizada por dúas compañeiras...
Cristina e Inés prepararon unha presentación sobre os seres vivos e foron comentando variadas informacións que nos causaron moito interese. 
Estivemos atentas e atentos a todas as explicacións, ata vimos algún video e ao final fixemos preguntas. Houbo aplausos e felicitacións. Noraboa!!! 
Foi un traballo estupendo.
Estamos ilusionadas e ilusionados porque no próximo trimestre haberá un montón de presentacións...

luns, 2 de decembro de 2019

COMEZAMOS A DIVIDIR

Agora que temos ben repasadas as táboas de multiplicar comezamos a traballar unha nova operación: A DIVISIÓN.

Practicamos na clase, repartimos obxectos, inventamos problemas...

Falamos dos seus elementos:
Montamos pequenas divisións e comezamos a resolver...Nós practicando e practicando resolvemos a resta mentalmente antes de escribir o resto.