martes, 22 de xuño de 2021

ENLACES FOLLETO SUXESTIÓNS DE VERÁN

NO ORDENADOR podedes facer actividades da aula virtual, do blog de clase, do blog de recursos e/ou facer tarefas de:

o      http://boj.pntic.mec.es/psuare2/ortografia.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/~msanto1/ortografia/index1.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/#lengua

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/#matematicas

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/multiplicacion.htm

o      http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/ortografia.htm

o      http://www.accedetic.es/tablasdemultiplicar/tablasdemultiplicar.html

o      http://www.aplicaciones.info/lectura/lectura.htm#mayores

o      http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/

o      http://www.educanave.com/primaria/indexprimaria.htm

o      http://www.mundoprimaria.com/juegos-lenguaje

o      https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas

o      https://clic.xtec.cat/repo/index.html?lang=ca&language=es&level=PRI

o      https://luisamariaarias.wordpress.com/2014/05/02/recursos-3o-y-4o-de-primaria/

o      https://vedoque.com/sec.php?s=4

o      https://www.cokitos.com/category/juegos-para-ninos-de-9-anos/

o      https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

o      https://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/index.html

o      https://www.matematicasonline.es/pequemates/pequemates9/pequemates9-1.html

XOGOS ONLINE

·         https://www.sudoku-online.org/ SUDOKU

·         https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_didacticos/reajuegos-JS/tangram_clsico.html TANGRAM

·         https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-ahorcado/ AFORCADO

·         https://www.cokitos.com/pasapalabra-para-ninos/ PASAPALABRA

·         https://aprendeconrey.com/ XADREZ

·         https://www.cokitos.com/domino-educativo/ DOMINÓ

luns, 21 de xuño de 2021

SUXERENCIAS LITERARIAS

Este curso 2020/2021 a pandemia tamén condicionou as nosas animacións lectoras e os préstamos e intercambios de libros. 

A biblioteca do centro estivo pechada e Lampi mandou recados virtuais.

Neste último trimestre, fixemos un esforzo extra de hixiene e "corentena" cos materiais.

Puxemos moita ilusión con novas lecturas e preparamos suxerencias para outras compañeiras e compañeiros. Unha selección destas recomendacións literarias aparecen no xornal do centro.

Con esta imaxe animamos a ler no verán:

                                         Bo verán e boas lecturas!!!

Biblioteca de Lampi

xoves, 17 de xuño de 2021

ACOLLIDAS: PASAMOS A 5º!

Este curso vai chegando ao seu fin e xa temos cun pé en 5º. Esta semana preparamos a primeira fase do Plan de Acollida.

Unha vez máis, vémonos afectadas e afectados pola pandemia.  Non é posible a coincidencia do alumnado de 4º e 5º nas mesmas aulas.

Así que fixemos visita ás aulas de 5ºA e 5ºB, as nosas futuras aulas, cando o alumnado estaba no patio.  

Unha nena e un neno de cada clase visitáronnos para comentar que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas máis grosas cun uso restrinxido debido á pandemia,  tamén usan libretas cuadriculadas e raiadas, teñen libros dixitais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella  e o traballo en EDIXGAL.

Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.


MOITAS GRAZAS COMPAS DE 5º POLA ATENCIÓN ADICADA!!!




 

luns, 7 de xuño de 2021

NOVAS EXPOSICIÓNS NAS AULAS DE 4º

O pasado 24 de maio iniciamos a segunda ronda de exposicións nas nosas clases. Nesta ocasión, a lingua empregada foi o castelán. 

Foron exposicións individuais con temática libre e a orde de intervención fixémola por sorteo.

Aprendimos e disfrutamos moito das aportacións das nosas compañeiras e dos nosos compañeiros.

Xa pensamos en próximas exposicións, pero...serán no próximo curso. 

Compartimos os videos coas imaxes das presentacións:

Video  4º A

Video  4º B