xoves, 17 de xuño de 2021

ACOLLIDAS: PASAMOS A 5º!

Este curso vai chegando ao seu fin e xa temos cun pé en 5º. Esta semana preparamos a primeira fase do Plan de Acollida.

Unha vez máis, vémonos afectadas e afectados pola pandemia.  Non é posible a coincidencia do alumnado de 4º e 5º nas mesmas aulas.

Así que fixemos visita ás aulas de 5ºA e 5ºB, as nosas futuras aulas, cando o alumnado estaba no patio.  

Unha nena e un neno de cada clase visitáronnos para comentar que tal lles foi durante este ano escolar. Teñen axendas máis grosas cun uso restrinxido debido á pandemia,  tamén usan libretas cuadriculadas e raiadas, teñen libros dixitais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella  e o traballo en EDIXGAL.

Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa teconoloxía, preguntamos, escoitamos, compartimos...e agradecimos o tempo que pasaron con nós.


MOITAS GRAZAS COMPAS DE 5º POLA ATENCIÓN ADICADA!!!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario