venres, 24 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO

23 de Febreiro de 1837 é a data de nacemento de Rosalía de Castro, escritora, poeta e referente da cultura galega.

Convidámosvos a renderlle homenaxe á nosa autora máis universal.


venres, 17 de febreiro de 2023

martes, 14 de febreiro de 2023

TEATRO EN INGLÉS

Asistimos a unha representación teatral integramente en inglés titulada "What Monster!" Pasamos un rato moi divertido. Tedes las fotos premendo na imaxe.



venres, 10 de febreiro de 2023

FACEMOS UN DEBATE

 Coa intención de mellorar a forma de comunicarnos en galego, de respetar os turnos de palabra, de argumentar, de mellorar o noso vocabulario en galego... Os nenos e nenas de 6º realizarán unha serie de debates ao longo do curso.

Nesta ocasión o debate tiña como título  A CULTURA ESPAÑOLA









Resultou un debate moi interesante.
Moitas grazas nenos e nenas


OS CELTAS . 1

 Nas aulas de 6º estamos a traballar sobre os celtas. Este proxecto estase a desenvolver en varias fases:

1. Búsqueda de información sobre diferentes aspectos

2. Grupos cooperativos de aprendizaxe, nos que se converten en expertos nun determinado estamento da poboación celta

3. Planificación e elaboración da maqueta dun castro

4. Grabación dos diferentes audios 

5...

Aquí vos deixo unhas poucas fotos para que vexades o ben que están a traballar pero... O proxecto aínda continua.








Está a resultar moi motivador para os nenos e nenas

Moitas grazas polo voso traballo