martes, 31 de maio de 2022

O AUTOR DE KUSUMA CÓNTANOS OS SEGREDOS DO SEU LIBRO

 Héctor Cajaraville, autor de Kusuma, veu ó noso colexio o pasado 31 maio para contarnos cousiñas do seu libro, lido ao longo deste trimestre. Explicounos que Kusuma é unha fábula na que tentou  transmitir unha serie de valores como o traballo en equipo, o coidado do planeta, a igualdade e o respecto á diversidade. Foi unha charla moi enriquecedora; xa que o alumnado de 5º, puido preguntarlle ao escritor, tódalas aquelas  dúbidas que foron xurdindo cando o limos. Un libro absolutamente recomendable!👌








luns, 30 de maio de 2022

A CAMPIOA DE ESPAÑA DE BÁDMINTON DÁ UNHA CHARLA EN 5º B

Seguimos cos obradoiros de Educación Emocional que se están a impartir en 5º. Este luns, 30 de maio, visitounos a deportista de Salvaterra do Miño, Lucía Rodríguez. Ela combina o deporte, concretamente o bádminton, a nivel profesional, xunto cos estudos de 2º de Bacharelato. Falounos da súa experiencia no Centro de Alto Rendemento.  Contounos como  empezou a xogar a este deporte.
Tamén compartiu connosco as súas medallas! Graciñas Lucía! 






 

xoves, 19 de maio de 2022

LYDIA PÉREZ, CAMPIOA DE ESPAÑA DE LOITA LIBRE, VISITA 5º A

Dentro do obradoiro de Educación Emocional que se está a impartir en 5º, o xoves 19 de maio  contamos coa presenza de Lydia Pérez Touriño, deportista de alto nivel. Falounos da súa experiencia como loitadora na modalidade de loita olímpica. Animou ao alumnado a acudir ao Centro de Alto Rendemento, situado en Pontevedra, para familiarizarse con ese deporte. Na conversa que tivo connosco, insistiu no valor do traballo en equipo, e na importancia de esforzarse para conseguir pequenas metas a nivel profesional e persoal. Graciñas polo teu tempo Lydia!





 

xoves, 12 de maio de 2022

VISITA DO PIRAGÜISTA NOEL DOMÍNGUEZ

Ao longo do mes de maio, estanse impartindo nas aulas de 5º uns obradoiros sobre intelixencia emocional. Por este motivo, o xoves 12 contamos coa presenza de Noel Domínguez, piragüista profesional. Explicounos que o máis importante na vida deportiva é saber manexar o éxito;  pero sobre todo o fracaso, do que sempre se saca unha aprendizaxe para a vida. Noel graciñas polo teu tempo!








martes, 10 de maio de 2022

"NAVEGA CON RUMBO"

Esta semana Federico Ramiro, enxeñeiro informático, veu ao colexio para impartir unha charla sobre a navegación segura e internet. Deunos dez consellos para manexarnos de xeito fiable pola rede. 









venres, 6 de maio de 2022

ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE

 O pasado venres, 6 de maio, tivemos unha actividade impartida por Priscila Retamozo,formadora en igualdade de xénero. A través deste obradoiro tentamos detectar estereotipos de xénero.   










xoves, 5 de maio de 2022

VISÍTANOS FINA CASALDERREY

 O mércores, 4 de maio, contamos coa presenza da escritora, Fina Casalderrey, nas aulas de 5º. Tivo ao noso alumnado engaiolado, compartindo as súas experiencias e vivencias como mestra e creadora de historias para nenas e nenos. Explicounos o motivo que a levou escribir; e falounos sobre o libro que limos no 2º trimestre: O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Foi un placer contar coa súa presenza. Grazas FINA!